Mouruás, San Xoán de Río, San Xoán de Río
Mouruás | |
---|---|
Mouruás. | |
Parroquia | San Xoán de Río |
Concello | San Xoán de Río |
Coordenadas | 42°21′21″N 7°17′43″O / 42.355834900884, -7.2954039693318 |
Poboación | 22 hab. (2023) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Mouruás é un lugar da parroquia de San Xoán de Río, no concello ourensán de San Xoán de Río, na comarca da Terra de Trives.[1] Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 22 habitantes (12 homes e 10 mulleres).
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Na Pena dos Castros atopouse en 1967 a espada de Mouruás, unha espada pistiliforme da idade de bronce, conservada actualmente no museo de Ourense.
Mouruás posúe unha ermida de estilo barroco, na que o 25 de xullo se celebra a festa no honor de Santiago Apóstolo. En tempos celebrouse a batalla de Mouros e Cristiáns, recuperada a mediados da década de 1980 e desaparecida de novo logo de dous anos.
En 1931 tomou posesión como mestre tras aprobar as oposicións Juan Alcaide Sánchez, o poeta español da generación del 36. Na escola de Mouruás, xa desaparecida, exerceu durante 3 anos, ata o seu traslado a Puerto Lápice.
Mouruás é coñecido pola súa panadería, na que se elaboran bicas e empanadas.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Mouruás.
-
Mouruás.
-
Mouruás.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de San Xoán de Río
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de San Xoán de Río no concello de San Xoán de Río (Ourense) | |
---|---|
Abelaído | A Alenza | O Campo | Cerniza | Domecelle | Fondo de Vila | Mouruás | A Ponte Navea | A Pousa | O Reboledo | San Miguel | A Torre Vella | Valdonedo |
Parroquias de San Xoán de Río
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa (ed.). "Lugares da parroquia de San Xoán de Río, San Xoán de Río". Consultado o 18 de maio de 2023.
- ↑ "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia.