Saltar ao contido

Motel Valkirias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Motel Valkirias
Tiposerie de televisión Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoserie de acción Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua galega e lingua portuguesa Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixePortugal e España Editar o valor en Wikidata
Emisora orixinalRádio e Televisão de Portugal, Televisión de Galicia e HBO Max Editar o valor en Wikidata
Datas
Comezo27 de febreiro de 2023 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración49 minutos Editar o valor en Wikidata
Episodios8 Editar o valor en Wikidata
Tempadas1 Editar o valor en Wikidata
Contacto
RedesIMDB: tt15618722 Filmaffinity: 300982 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Motel Valkirias é unha serie de televisión portuguesa-galega creada por Ghaleb Jaber Martínez para as cadeas públicas RTP1 (de Portugal) e TVG (de Galicia). Está protagonizada por Maria João Bastos, María Mera e Marina Mota. Estreouse en Portugal na RTP1 o 27 de febreiro de 2023, e despois chegou o 1 de marzo de 2023 a HBO Max en toda España, para despois estrearse o 6 de marzo de 2023 exclusivamente na TVG en Galicia.

Este western fronteirizo contou co apoio da Agadic, da Xunta de Galicia, de PIC Portugal, de Turismo de Portugal e a colaboración da Deputación de Ourense e da Cámara Municipal de Montalegre.[1]

As vidas de tres mulleres con grandes problemas persoais e económicos crúzanse de maneira fortuíta cando coñecen a Eligio (Miro Magariños), un cliente que transporta unha mercadoría valiosa. Así é como Lucía (María Mera), unha nai que foxe do seu exmarido, Eva (Maria João Bastos), unha actriz en declive e Carolina (Marina Mota), a dona do motel en bancarrota, únense nun plan que consiste en atopar o misterioso botín de Eligio. O que non saben estas tres mulleres é que a súa vida corre perigo porque a mercadoría pertence a unha perigosa banda dedicada ao branqueo de diñeiro: os Mendoza. Un clan que non dubida en ir tras elas para recuperar o que é seu, custe o que custe.[2]

  • Maria João Bastos como Eva Santana
  • María Mera como Lucía Veiga
  • Marina Mota como Carolina Carneiro

Produción

[editar | editar a fonte]

A rodaxe de Motel Valkirias comezou no municipio galego de Teo en xaneiro de 2022.[3] Outros puntos de rodaxe incluíron lugares das provincias de Ourense e A Coruña, así como Santiago de Compostela e a localidade portuguesa de Montalegre.[4]

Lanzamento

[editar | editar a fonte]

O 17 de febreiro de 2023, a RTP anunciou que Motel Valkirias se estrearía en Portugal en RTP1 e RTP Play o 27 de febreiro de 2023.[5] O 20 de febreiro de 2023, confirmouse que a serie chegaría a HBO Max en toda España o 1 de marzo de 2023, antes da súa estrea en TVG o 6 de marzo de 2023.[6][7]

Título Dirixido por Escrito por Data de estrea en Portugal Data de estrea en Galicia
1 Capítulo 1 Alex Sampayo e Jorge Queiroga Raquel Arias, Alba Araújo, José Manuel Gancedo, Patricia Müller e Ghaleb Jaber 27 de febreiro de 2023 6 de marzo de 2023
2 Capítulo 2 Alex Sampayo e Jorge Queiroga Raquel Arias, Alba Araújo, José Manuel Gancedo, Patricia Müller e Ghaleb Jaber 6 de marzo de 2023 13 de marzo de 2023
3 Capítulo 3 Alex Sampayo e Jorge Queiroga Raquel Arias, Alba Araújo, José Manuel Gancedo, Patricia Müller e Ghaleb Jaber 13 de marzo de 2023 20 de marzo de 2023
4 Capítulo 4 Alex Sampayo e Jorge Queiroga Raquel Arias, Alba Araújo, Patricia Mülle re Ghaleb Jaber 20 de marzo de 2023 27 de marzo de 2023
5 Capítulo 5 Alex Sampayo e Jorge Queiroga Raquel Arias, Alba Araújo, Patricia Mülle re Ghaleb Jaber 27 de marzo de 2023 7 de abril de 2023
6 Capítulo 6 Alex Sampayo e Jorge Queiroga Raquel Arias, Alba Araújo, Patricia Mülle re Ghaleb Jaber 3 de abril de 2023 10 de abril de 2023
7 Capítulo 7 Alex Sampayo e Jorge Queiroga Raquel Arias, Alba Araújo, Patricia Mülle re Ghaleb Jaber 10 de abril de 2023 17 de abril de 2023
8 Capítulo 8 Alex Sampayo e Jorge Queiroga Raquel Arias, Alba Araújo, Patricia Mülle re Ghaleb Jaber 17 de abril de 2023 24 de abril de 2023

En HBO MAX España os capítulos estreábanse 5 días antes que na TVG.

  • 1. Carolina, Eva e Lucía chocan nun motel á beira da estrada na fronteira portuguesa. As tres acaban no cuarto de Elixio, un cliente que manexa moitos cartos, e que podería ser a solución a todos os seus problemas.
  • 2. Lucía e Eva enterran o cadáver de Elixio, mentres que Carolina se libra das probas do crime. Carolina sabe que Eligio transportaba algo moi valioso e Lucía insiste en buscar a mercadoría pola vila.
  • 3. O axente Salgado chega a Portugal para investigar a morte de Elixio en colaboración cos seus homólogos portugueses. O primeiro que fai é rastrexar o cuarto do motel Valkirias onde se hospedou a vítima.
  • 4. Sen camión e sen probas do crime, os problemas remataron para Eva, Carolina e Lucía. As mulleres regresan ás súas vidas comúns: Eva vai a un casting para unha nova película e Carolina recibe potenciais compradores para o motel.
  • 5. Luís Castro segue a única pista que lle deu Telmo e secuestra a Carolina co obxectivo de descubrir quen está detrás da morte de Elixio e descubrir o paradoiro do camión. Por desgraza, Eva tamén cae nas redes de Luís Castro.
  • 6. Carolina, Eva e Lucía únense a Luís Castro no seu plan para seguir os pasos de Elixio antes da súa morte. Os catro están convencidos de que a vítima ocultaba algo máis que un camión cargado de cervexas.
  • 7. No motel, Carolina, Eva e Lucía preparan o aniversario de Alicia sen saber que Raúl está a piques de chegar á cidade. Eva é presionada polo seu representante para falar nun programa de máxima audiencia sobre a filtración das súas fotos.
  • 8. As tres mulleres deciden separar os seus camiños e volver ás súas vidas anteriores ante o inminente peche do motel. Pero os seus camiños vólvense cruzar cando Lucía e Eva son atrapadas en contra da súa vontade.
  • Premio Europeo Circom, 2023, en Donostia.
  1. "'Motel Valkirias' galardoada co 'Premio Europeo Circom' en San Sebastián". Galicia Confidencial. Consultado o 2023-06-03. 
  2. "Motel Valkirias (Serie de TV)". Consultado o 27 de febrero de 2023. 
  3. "El Hotel Congreso de Teo, transformado en el «Motel Valkirias» para rodar una serie de ficción". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-01-19. Consultado o 2023-04-06. 
  4. Castro, Tomás (2023-01-19). "Comienza el rodaje de "Motel Valkirias", en la que participan Televisión de Galicia y RTP". mundoplus.tv (en castelán). Consultado o 2023-04-06. 
  5. "Motel Valkirias estreia dia 27 de fevereiro na RTP1 e RTP Play". Consultado o 2023-04-06. 
  6. Lede, Adrián (20 de febrero de 2023). "La serie gallega 'Motel Valkirias' se estrena el 1 de marzo en HBO MAX". Consultado o 27 de febreiro de 2023. 
  7. Ñ, createRedacción Cine con (2023-02-27). "Tráiler de 'Motel Valkirias', el "wéstern fronterizo" entre Galicia y Portugal que estrena HBO Max" (en castelán). Consultado o 2023-04-06. 
  8. "Ver Motel Valkirias". hbomax.com. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]