Mosteiro de San Pedro de Soandres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mosteiro de San Pedro de Soandres
Cruceiro e ábsidas de San Pedro de Soandres
PaísEspaña
LocalizaciónSoandres (A Laracha)
Coordenadas43°13′40″N 8°29′39″O / 43.227773, -8.494031Coordenadas: 43°13′40″N 8°29′39″O / 43.227773, -8.494031
editar datos en Wikidata ]

O mosteiro de San Pedro de Soandres[1] é un mosteiro situado na parroquia de Soandres, concello da Laracha na comarca de Bergantiños.

Descrición[editar | editar a fonte]

A igrexa xa existía no ano 956, segundo aparece en documentos medievais, aínda que a actual construción é do século XIV, de estilo oxival. Ten planta basilical de tres naves e tres ábsidas poligonais con contrafortes escalonados e fiestras oxivais. Os canzorros que terman do beirado poderían ser da primitiva igrexa, xa que son de estilo románico, así como algunhas pezas soltas que se atopan en diversos lugares do templo.[2]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Laredo Verdejo, Xosé Luís (1984). Galicia Enteira, volume 7. Edicións Xerais de Galicia. p. 60. ISBN 84-7507-136-8.