Morais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMorais

Localización
Mapa
 41°29′39″N 6°46′16″O / 41.4942, -6.7711Coordenadas: 41°29′39″N 6°46′16″O / 41.4942, -6.7711
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Braganza
ConcelloMacedo de Cavaleiros Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie52,8 km² Editar o valor em Wikidata

Páxina webmorais.jfreguesia.com Editar o valor em Wikidata


Morais é unha freguesía portuguesa do municipio de Macedo de Cavaleiros, con 52,80 km² de área e 644 habitantes (2011). A súa densidade de poboación é de 12,2 hab/km².

Pertenceu ao concello de Izeda ata 1855, pasando a integrarse no concello de Macedo de Cavaleiros a partir desa data. Ten como santo patrón a Santo André e anexas as localidades de Paradinha, Paradinha de Besteiros e Sobreda[1].

Historia[editar | editar a fonte]

A freguesía de Morais, foi encomenda da Orde de Cristo e pertenceu ao concello de Izeda pasando, por extinción desde 1855 debido á reforma administrativa de Fontes Pereira de Melo, ao de Macedo de Cavaleiros, creado 20 anos antes. Nese momento, Paradinha de Besteiros, actualmente un lugar de Morais, era unha freguesía.

Da orixe da aldea chamada Morais pouco se sabe pola escaseza de fontes fidedignas. Con todo, e cando se trata de saber cousas sobre as aldeas transmontanas, sobre todo do distrito de Bragança, unha fonte inesgotable de información é, sen dúbida, a monumental obra do Abade de Baçal, o Reverendo, de nome Francisco Manuel Alves, que se titula Memórias Arqueológicas – Históricas do Distrito de Bragança, que refire o seguinte sobre esta freguesía:

“É soar desta familia (Morais) o lugar de Morais do distrito desta cidade (Braganza) e en sitio deste consérvase o nome de torre e acháronse vestixios e alicerces que insinúan foi edificio grande e común e recibida tradición, sen cousa en contrario, afirma ser este o seu soar. Os moradores de Morais din que nesta torre vivían os señores del e mostran un campo plano, que chaman corredoira, onde estes fidalgos exercitaban os cabalos…”.

Esta cita foi retirada da obra referida, volume VI – Os fidalgos.

Así se inicia a noticia sobre a aldea de Morais. Segundo esta a existencia da aldea está directamente relacionada coa vinda para esta rexión dunha liñaxe de sangue azul, pertencente ao Reino de Aragón, cuxo expoñente principal foi Estêvão Peres deli Moral. Este era no inicio do século XII (1107) alcaide ou gobernador dunha torre chamada del Moral porque dentro dela había unha moreira. Esta torre situábase na antiga Soria que, nesa época era atacada polo rei Mouro de Toledo. Este Estêvão Peres del Moral, demostrando bravura e coraxe, defendeu a torre dun sitio posto polo rei Mouro durante uns longos catro meses alimentándose, el e os seus súbditos só cos froitos da moreira que dentro dela se encontraba. Este acto valeulle o alcume da torre. Pero valeulle máis cando D. Afonso I de Aragón mandou poboar Soria no ano 1119. Viñeron para esta rexión doce liñaxes de fidalgos cuxa casa principal foi a dos Morais. Esta familia defende que a súa ascendencia repousa no Conde Gonçalves Fernandes (fillo do Conde de Castela Fernán González) e de súa segunda muller D. Sancha (filla de D. Sancho Abarca, rei de Navarra).

Porén, o primeiro que poboou o lugar de Morais, ao que deu o nome, e o de Lagoa foi, segundo din Gonçalo Rodrigues de Morais, fillo de D. Rodrigo Garcês e neto do Conde D. Garcia Garcês que casou con Maria Fortunes, filla de Fortum Lopes, señor de Soria da familia de Morais. En verdade, segundo “Memórias V.VI”: " é soar desta familia o lugar de Moraes, termo de Braganza e del proceden as casas da principal nobreza de Tra-los-Montes e derivaron as casas de primeira grandeza de Portugal e Castela e aínda exaltado aos rexios solios por D. Leonor filla de D. Pedro de Toledo vicerrei de Nápoles casado con D. Maria Pimentel, 3ª Marquesa de villa Franca, filla de D. Luíz Pimentel e de D. Constansa Rodrigues de Moraes filla de Ruy Martins de Moraes, alcaide-maior de Braganza xefe dos Moraes, casado con D. Alda Gonçalves de Moreira. E casou D. Leonor con Cosme primeiro gran duque de Toscana do que procederon os máis; e destes os Reis de Francia, Inglaterra, España e hoxe a señora princesa do Brasil; os duques de Lorena, Savoia, Baviera, Parma e Mantua. ”

Por tanto, segundo esta noticia é Gonçalo Rodrigues de Morais quen dá orixe á Casa de Morais.[2]

Poboación[editar | editar a fonte]

Poboación da freguesía de Morais [3]
1864 1878 1890 1900 1911 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011
673 720 733 830 831 654 751 963 1 041 1 037 1 140 1 044 938 704 644

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Paróquia de Morais". Arquivo Distrital de Bragança. Consultado o 14 de outubro de 2013. 
  2. "Freguesia de Morais - Macedo de Cavaleiros". 
  3. Instituto Nacional de Estatística (Recenseamentos Gerais da População) - https://www.ine.pt/xportal/xmain?xpid=INE&xpgid=ine_publicacoes