Batalla da Montaña Branca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A batalla da Montaña Branca por Pieter Snayers

A batalla da Montaña Blanca (en checo : Bílá hora) desenvolveuse o 8 de novembro de 1620, preto da cidade de Praga. Foi unha das primeiras e das máis importantes da guerra dos Trinta Anos.

Nela trabaron encontro un exército de arredor de 15 000 homes ao mando de Christian I de Anhalt-Bernburg, ao servizo de Frederico V do Palatinato, coas forzas do Sacro Imperio romano xermánico guiadas polo conde de Bucquoy, combinadas con tropas da Liga católica, ás ordes do conde deTilly, cun total de 25 000 homes, que lograron unha brillante vitoria. Esta batalla marcou o final do primeiro período (período bohemio) da guerra dos Trinta Anos.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

O inicio da revolta dos protestantes en Bohemia foi exitoso, permitíndolles rachar a política de illamento, elixindo como rei o elector palatino Frederico V. Mais a situación mudou con rapidez, cando Maximiliano I, duque de Baviera reagrupou as forzas da Liga católica, enviando o conde de Tilly directamente a Praga.

Batalla[editar | editar a fonte]

O comandante protestante, Christian de Anhalt-Bernburg, despregou as súas tropas nas ladeiras dun outeiro, a montaña blanca (en checo : Bílá Hora, en alemán : Weissenberg), bloqueando dese xeito a ruta para Praga. As tropas ocupaban unha posición sólida: o flanco dereito estaba cuberto por un pavillón de caza, e o flanco esquerdo por un rego. Había outro rego e algúns lameiros por diante da posición.

Tilly observando a posición inimiga enviou os seus mellores homes contra unha pequena ponte que cruzaba o rego e mandou atacar o centro, con apoio de fogo artilleiro moi nutrido. Logo de dúas horas de combates encarnizados, a rotura do centro das liñas inimigas, puxo fin aos combates.

Consecuencias[editar | editar a fonte]

O exército checo ficou destruído. Tilly entrou en Praga. A liberdade de relixión ficou suprimida. 27 dos xefes da insurrección foron executados no mesmo centro de Praga. Os protestantes escaparon do país. Frederico V, elixido rei aínda o 4 de novembro de 1619, tamén fuxiu. A brevedade do seu reinado, apenas dun ano, valeulle o alcume de rei do inverno (Winterkönig).

A sorte da batalla coutou a independencia de Bohemia durante un período de 300 anos. As tropas españolas, tentando cercar as provincias holandesas rebeldes, ocuparon o Palatinado. O protestantismo quedou ameazado con ser desbordado na Alemaña, polo que Dinamarca entrou no conflito.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]