Montreux Hockey Club
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Montreux HC | |
---|---|
Cidade | Montreux, Vaud Suíza |
Historia | 1911 |
Fundado | 1911 |
Pavillón | Salle du Pierrier |
Presidente | Mathieu Quartier |
Adestrador | Steve Mercanton |
Competición | LNA Suíza |
Títulos | |
LNA suíza | 48 (1914, 1925-1941, 1943-1955, 1957-1961, 1963-1966, 1969, 1975, 1976, 1982-1984, 1986, 1987) |
Copa suíza | 15 (1958, 1960, 1961, 1963-1965, 1969-1972, 1975, 1978, 1980, 1981, 1984) |
Copa das Nacións | 4 (1921, 1922, 1934, 1941) |
Cores | Azul e amarelo |
Na rede | |
http://www.montreuxhc.ch |
O Montreux Hockey Club é un equipo suízo de hóckey a patíns da localidade de Montreux, que actualmente compite na LNA. É o club máis antigo deste deporte en Suíza, sendo fundado en 1911, e o máis laureado con 48 ligas e 15 copas nacionais. No campo europeo o mellor resultado obtido foi na Recopa de Europa da tempada 1981-82, cando o equipo chegou ás semifinais, caendo fronte ao Sporting CP portugués.
Historia
[editar | editar a fonte]O club naceu cando uns amigos en 1910, coa apertura do Pavillón de Deportes de Montreux Palace, decidiu crear un club de hóckey a patíns.
A través de subidas e baixadas, o Montreux HC fixo o seu camiño con rapidez e logrou crear un lugar á luz grazas aos contactos cos equipos de París, Stuttgart, Londres, Milán e Lión. Mesmo logrou convencer aos amigos de Lucerna e Xenebra, deixando de lado o stick longo e o disco do hóckey sobre xeo (que foron os primeiros instrumentos para xogar nun inicio) para empregar un pau máis curto e unha bóla.
En 1924 en Montreux, foi fundada baixo a dirección de Fredy Renkewitz e amigos, a Federación Internacional de Hóckey a Patíns, da que segue sendo presidente Frédy Renkewitz ata 1960.
Tamén en Montreux, o 1 de maio de 1925 coa iniciativa de Angeloni Nini, Frédy Renkewitz, Albert Meyer e Werner Zeltner, créase a Federación Suíza de Hóckey a Patíns con tres disciplinas: hóckey, carreiras e patinaxe artística. Logo se creou un torneo anual da Pascua de Montreaux, o Torneo das Nacións de Montreux.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Nacional
[editar | editar a fonte]- 50 Ligas suízas LNA: 1914, 1925, 1926, 1927, 1928, 1929, 1930, 1931, 1932, 1933, 1934, 1935, 1936, 1937, 1938, 1939, 1940, 1941, 1943, 1944, 1945, 1946, 1947, 1948, 1949, 1950, 1951, 1952, 1953, 1954, 1955, 1957, 1958, 1959, 1960, 1961, 1963, 1964, 1965, 1966, 1969, 1975, 1976, 1982, 1983, 1984, 1986, 1987, 2017 e 2018.
- 16 Copas suízas: 1958, 1960, 1961, 1963, 1964, 1965, 1969, 1970, 1971, 1972, 1975, 1978, 1980, 1981, 1984 e 2015.
Trofeos menores
[editar | editar a fonte]- 4 Ligas suízas LNB: 1958, 1960, 1963 e 1965.
- 2 Ligas suízas LNC: 2006 e 2007.
Competicións internacionais
[editar | editar a fonte]- 4 Torneo das Nacións de Montreux: 1921, 1922, 1934 e 1941.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |