Monteagudo, Arteixo
| Monteagudo | |
|---|---|
Ábsidas da igrexa parroquial de San Tomé. | |
| Concello | Arteixo[1] |
| Provincia | A Coruña |
| Coordenadas | 43°16′58″N 8°34′37″O / 43.2829, -8.5769 |
| Poboación | 353 hab. (2016) |
| Entidades de poboación | 26[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Tomé de Monteagudo é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Arteixo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 353 habitantes (184 mulleres e 169 homes) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 429 habitantes.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Igrexa de San Tomé de Monteagudo. Pertencente a un antigo mosteiro beneditino. Ten planta basilical con tres naves que rematan en tres ábsidas semicirculares. Da fachada románica só se conserva a zona das ábsidas, decoradas con canzorros. En reformas posteriores modificouse a fachada, engadindo sancristía en lateral dereito.
Festas
[editar | editar a fonte]A festa patronal de Monteagudo é San Tomé, o 21 de decembro.
Amais celébrase Santa Lucía, o 13 de decembro.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Portada da igrexa parroquial
- Ábsidas románicas da igrexa
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Monteagudo
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Monteagudo no concello de Arteixo (A Coruña) | |
|---|---|
|
Os Barreiros | O Batán | O Bosque | A Cachada | Casaldegas | A Casanova | Corteo de Abaixo | Corteo de Arriba | O Coto | A Esquipa | A Folgueira | O Freixal | Freón | Gomesende | A Ibia | O Igrexario | Mirón | O Petón | O Piñeiro | Ramilo | A Rocha | Sande | A Teixoeira | A Veiga | Vilanova | Vilela Non aparecen no Nomenclátor de 2003: Monteagudo |
Parroquias de Arteixo
[editar | editar a fonte]