Chamín, Arteixo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chamín
Fachada da igrexa parroquial de Santaia.
ConcelloArteixo[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°17′36″N 8°33′58″O / 43.2933, -8.5661Coordenadas: 43°17′36″N 8°33′58″O / 43.2933, -8.5661
Poboación442 hab. (2016)
Entidades de poboación14[1]
editar datos en Wikidata ]

Santaia de Chamín[1] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Arteixo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 442 habitantes (224 mulleres e 218 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 458 habitantes.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

No Campamento Costeiro do Reiro realizáronse escavacións que deron a coñecer unha comunidade mesolítica (10 000 - 5000 a. C.). O sitio presenta unha ampla dispersión de materiais, sobre todo industria lítica en cuarzo e cristal de rocha. Tamén hai algúns restos orgánicos (cervos, xabarís ou vértebras de peixes...).

Da Idade de Ferro é o castro do Petón. A igrexa de Santaia de Chamín é de estilo románico.

Festas[editar | editar a fonte]

As festas patronais celébranse o 10 de decembro en Santaia. Amais celébrase o San Brais en febreiro e o San Xoán o 24 de xuño.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Chamín[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Chamín no concello de Arteixo (A Coruña)

A Braña | A Brea | Chamín | Chamín de Abaixo | Chamín de Arriba | Chamín do Medio | Espadanoso | Fente | O Igrexario | Margarida | A Ponte | Santaia de Abaixo | Santaia de Arriba | A Sartaña | Vioño

Parroquias de Arteixo[editar | editar a fonte]

As trece parroquias que conforman o concello de Arteixo.
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Arteixo

Armentón (San Pedro) | Arteixo (Santiago) | Barrañán (San Xián) | Chamín (Santaia) | Lañas (Santa Mariña) | Larín (Santo Estevo) | Loureda (Santa María) | Monteagudo (San Tomé) | Morás (Santo Estevo) | Oseiro (San Tirso) | Pastoriza (Santa María) | Sorrizo (San Pedro) | Suevos (San Martiño)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]