Loureda, Arteixo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Loureda
Igrexa Loureda.jpg
Igrexa de Santa María de Loureda.
Parroquia de Loureda no concello de Arteixo.png
Concello Arteixo
Área 15 km²
Poboación 1.612 hab. (2016)
Densidade 107,47 hab./km²
Entidades de poboación 27

Santa María de Loureda é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Arteixo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 1612 habitantes (794 homes e 818 mulleres), 401 máis ca en 1999. Ten 19 entidades de poboación.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Festas[editar | editar a fonte]

A festa patronal de Loureda é a Nosa Señora, o 15 de agosto. No mes de xuño tamén se celebra o Corpus e, o día 13, Santo Antón. O 16 de xullo festéxase a Virxe do Carme.

Gastronomía[editar | editar a fonte]

En 1921 Uxío Carré Aldao fala en El Ideal Gallego da elaboración dun tipo de pan grande e de forma piramidal chamado Arteixana que se facía con broa e que se condimentaba e vendía no lugar do Foxo.[2] A tradición de produción de pan continúa hoxe, e desde 1975, no lugar de Mins, coa elaboración de moletes e bolas cocidos en forno de leña.[3]

Tradicións[editar | editar a fonte]

O historiador arteixán Xabier Maceiras documentou a existencia do xogo tradicional chamado Os paquetes, que se iniciou na desaparecida taberna Casa Trigo do Foxo e que se continúa celebrando hoxe no Igrexario[4].

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Loureda[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Loureda no concello de Arteixo (A Coruña)

Allán | O Atín | Balai | As Barreiras | Cal do Pazo | Campiño | Cancelo | Carril | As Casas Novas | Ervedíns | Fortesende | O Foxo | O Igrexario | Lama Má | Os Laranxos | Manoi | Marciñado | Mins | A Ponte do Va | A Queira | Quintán | As Rañeiras | A Rapa | Regocheo | A Rocheira | Santa Locaia | Tis

Parroquias de Arteixo[editar | editar a fonte]

As trece parroquias que conforman o concello de Arteixo.
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Arteixo

Armentón (San Pedro) | Arteixo (Santiago) | Barrañán (San Xián) | Chamín (Santaia) | Lañas (Santa Mariña) | Larín (Santo Estevo) | Loureda (Santa María) | Monteagudo (San Tomé) | Morás (Santo Estevo) | Oseiro (San Tirso) | Pastoriza (Santa María) | Sorrizo (San Pedro) | Suevos (San Martiño)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]