Monte das Oliveiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 31°46′42″N 35°14′38″L / 31.77833, -35.24389 O monte das Oliveiras (en hebreo: הַר הַזֵּיתִים, Har HaZeitim; en árabe, جبل الزيتون, Yabal al-Zaytun) está situado no val do Kidron, ao leste de Xerusalén. Nel, segundo a Biblia, Xesús realizaba adoito as súas oracións e mesmo se atopaba alí o día que foi arrestado.

Vista aérea do Monte das Oliveiras.

O monte das Oliveiras é considerado un dos lugares máis sagrados de Terra Santa. Alí están situadas as igrexas de Xetsemaní, Pater Noster e Dominus Flevit[1].

O monte das Oliveiras toma o seu nome das oliveiras que poboan as súas ladeiras. Na súa aba atópanse os xardíns de Xetsemaní, onde Xesús se hospedou en Xerusalén. O monte das Oliveiras é o lugar de moitos eventos bíblicos importantes. Nos Feitos dos Apóstolos noméase como o lugar desde o que Xesús ascendeu ao ceo.[2] Os soldados romanos da Décima Lexión acamparon no monte durante o sitio a Xerusalén no ano 70 a.C., que levou á destrución da cidade.

No Libro de Zacarías, o monte das Oliveiras aparece identificado como o lugar desde o que Deus comezará a redimir os mortos ao final dos tempos. Por esta razón, os xudeus sempre intentaron ser enterrados na montaña.

Cemiterio xudeu[editar | editar a fonte]

O cemiterio xudeu.

Desde os tempos bíblicos ata hoxe o monte serviu como cemiterio para os xudeus de Xerusalén[3]. Hai aproximadamente 150.000 tumbas no monte, incluíndo as de moitas figuras famosas como Zacarías (que profetizou alí), Yad Abxalom e moitos rabinos desde o século XV ao XX, incluíndo a Abraham Isaac Kook, o primeiro rabino xefe ashkenzani de Isarael. O primeiro ministro de Israel Menachem Begin pediu ser enterrado no Monte das Oliveiras en lugar de no Monte Herzl.[4]

O monte sufriu graves danos cando foi ocupado por Xordania entre a guerra árabe-israelí de 1948 e 1967, cando preto de 50 000 lápidas do antigo cemiterio xudeu do Monte das Oliveiras foron removidas e utilizadas para a construción, así como tamén para levantar servizos hixiénicos, incluíndo lápidas de máis de mil anos de antigüidade. Nalgúns sectores do camposanto instaláronse aparcadoiros e estacións de servizo. Foi só a partir da reunificación da cidade, despois da Guerra dos Seis Días en 1967, cando os israelís repatriaron laboriosamente tantas lápidas como lles foi posible, garantindo a liberdade de culto e o respecto polos lugares sacros de todas as relixións.[5] 

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Il faut sauver le mont des Oliviers. En The Jerusalem Post. 25 de febreiro de 2014.
  2. Feitos 1:9-12. En Bible Gateway.
  3. Mount of Olives Jewish Cementery Arquivado 20 de marzo de 2012 en Wayback Machine.. En "Israel Land and Creation".
  4. The good jailer[Ligazón morta]
  5. Schvindlermann, Julián. Jerusalén y el Islam. En Libertad Digital.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]