Monte Triglav
| Tipo | montaña punto máis alto | |||
|---|---|---|---|---|
| Epónimo | Triglav | |||
| Localizado na área protexida | Parque Nacional de Triglav | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Kranjska Gora, Eslovenia, Bovec, Eslovenia (pt) | |||
| ||||
| Cordilleira | Triglav Group (en) | |||
| Características | ||||
| Altitude | 2.864 m | |||
| Prominencia topográfica | 2.059 m | |||
| Illamento topográfico | 72,5 km | |||
| Material ou ingrediente | calcaria | |||
| Historia | ||||
| Período | Triásico | |||
| Cronoloxía | ||||
| 26 de agosto de 1778 | primeira ascensión | |||
O monte Triglav ou Terglou (en alemán Dreikopf, en italiano Monte Tricorno) é con 2 864 msnm o cume máis alto dos Alpes Xulianos e de Eslovenia. O Triglav é un dos símbolos nacionais de Eslovenia, formando parte dos motivos centrais do escudo do país, e que se reproduce na bandeira. Segundo un antigo costume, cada esloveno debe subir polo menos unha vez na súa vida ao Triglav.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Sitúase no medio do denominado Parque Nacional de Triglav, o único parque nacional esloveno, que se estende por 84 800 ha, no extremo noroeste do país e non demasiado lonxe das fronteiras con Austria e Italia. Co seu típico perfil é inconfundíbel desde unha distancia duns 100 km. A súa parede norte sobre o val de Vratatal é impoñente pola súa anchura de 3 km e a altura de 1 500 m, o que a converten nunha das paredes máis elevadas dos Alpes orientais, xunto coas do Watzmann (cara leste) e do Hochstade (cara norte).
Hidrografía
[editar | editar a fonte]Aos seus pés nacen dúas importantes correntes fluviais: o río Sava, que é un afluente do Danubio; e o Soča (italiano Isonzo), que, por contra, flúe cara ao mar Adriático.
No suroeste da montaña, hai tamén unha zona con sete lagoas, de orixe cárstica, denominada o Val dos lagos do Triglav (en esloveno Dolina Triglavskih jezer).
O vigoroso relevo de paredes verticais do Triglav, como o doutros picos dos Alpes Xulianos, débese, en parte, aos materiais xeolóxicos de que están constituídos, que son maioritariamente calcarias e dolomitas.
Orixe do nome
[editar | editar a fonte]O nome significa "tres cabezas" ou "tricéfalo". Triglav era tamén o nome dunha antiga divindade eslava, precisamente tricéfala, e así se representaba.
| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Monte Triglav |
