Parque Nacional de Triglav
O Parque Nacional de Triglav atópase en Eslovenia.
Datos de interese[editar | editar a fonte]
O Parque Nacional creouse no 1981 e corresponde a un parque de alta montaña, xa que a cota superior, o monte Triglav acada os 2.864 metros. Predominan as forestas caducifolias con hábitats da alta montaña propios dos Alpes. A zona protexida abrangue 84.800 hectáreas.
Flora e Fauna[editar | editar a fonte]
Importante presenza de flores alpinas, faiais e grandes extensións de piñeiros. Pódense atopar íbices. rebezos e marmotas nas partes máis altas. Máis abaixo atópase o muflón. Entre as aves salientar a aguia real, a Lagopus muta e a perdiz grega.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque Nacional de Triglav ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Web do parque (en inglés).