Monte Aragats
O Monte Aragats (en armenio: Արագած) con 4 095 m de altitude é o punto máis elevado de Armenia.
Situación e características[editar | editar a fonte]
O Aragats érguese na provincia de Aragatsotn, no noroeste do país e da súa capital Iereván. É un antigo estratovolcán extinto, cunha cima cuádrupla de picos que conforman as beiras do cráter. No sur da montaña sitúase a importante cidade de Ashtarak, e noutros lados aséntanse vilas e aldeas.
Usos da montaña[editar | editar a fonte]
O monte é un popular destino alpinístico para os montañeiros locais e visitado por turístas nos meses estivais . Nas súas ladeiras levántase o Observatorio Byurakan, ben coñecido, un dos prinicipais observatorios astronómicos mundiais, e a fortaleza Amberd, medieval.
Lendas[editar | editar a fonte]
Segundo unha lenda, Grigor Lusavorich (Gregorio o Iluminador), subiu até o cume do Aragats para rezar, sendo testemuña dunha luz que baixou desde o ceo até a súa persoa. A lenda sostén que a mesma luz é visible hoxe, mais só os elixidos son quen de vela.
Galería[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Monte Aragats |