Saltar ao contido

Montanismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Montanismo
 Instancia de
Características
 Relixión
Implicados
 Fundador/a
Montano (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
século II Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/09q92 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata

O montanismo é un movemento apocalíptico dentro do cristianismo primitivo fundado na segunda metade do século II por Montano [1]. Oriúndo de Frixia, foi considerado un profeta polos seus seguidores. Defendía unha moral rigorosa e rexeitaba a penitencia como porta de volta á Igrexa. Esta debía estar pechada para os que, tras o bautismo, foran pecadores ou febles. Xunto coas profetisas Prisca e Maximila pronunciou os oráculos montanistas.

Os montanistas acusaban dunha moral flexible á xerarquia eclesiástica obediente a Roma e aos cristiáns fieis ao Papa tachábanos como cristiáns soamente psíquicos, mentres eles eran animados pola forza auténtica do alento de Deus e se consideraban pneumáticos[2] . Agardaban a inminente manifestación do Espírito e o descendemento da Xerusalén celeste. Adquiriron gran prestixio cando un dos Pais da Igrexa, o respectado Tertuliano, se adheriu a esta corrente.

  1. Ehrman, Bart D. Los cristianismos perdidos. Los credos proscritos del Nuevo Testamento. Ed. Ares y Mares, Barcelona, 2004 pp 224-226. ISBN 978-84-9892-042-0
  2. Laporte, Jean, Los Padres de la Iglesia. Ed. San Pablo. Madrid, 2004, pax 734 e 735. ISBN 84-285-2541-2