Monolene

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Monolene

Monolene sessilicauda
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Bothidae
Xénero: Monolene
Goode, 1880 [1]
Especies
  • Véxase o texto

Monolene é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos bótidos.[1]

Encóntranse nos océanos Atlántico e Pacífico leste.

As especies deste xénero son de pequenas dimensións, porén algunhas teñen interese pesqueiro, ás que Lahuerta e Vázquez dan o nome de rapapelos (como aos seus parentes do xénero Arnoglossus.[2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

O xénero foi fundado en 1880 polo ictiólogo estadounidense George Brown Goode,[1] nun traballo publicado na revista Proc. U.S. nat. Mus., 3: 209.[3]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico Monolene está formado co elemento do latín científico mono-, derivado do grego antigo μονο- mono-, de μονός monós, "único", e da voz grega ληνόσ lēnós, "lagar", "pía" (aquí co sentido de "cavidade cranial").

Especies[editar | editar a fonte]

Na actualidade recoñécense no xénero as seguintes especies:[1]

Monolene atrimana.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Monolene Goode, 1880 no WoRMS.
  2. 2,0 2,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 79.
  3. Monolene en NOMENCLATOR ZOOLOGICUS. Volume 1-10.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-0-471-25031-7.
  • van der Land, J.; Costello, M.J.; Zavodnik, D.; Santos, R.S.; Porteiro, F.M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W.N.; Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds. European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 357–374.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]