George Brown Goode

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
George Brown Goode
Goode G Brown 1851-1896.jpg
Nacemento13 de febreiro de 1851
Lugar de nacementoIndiana
Falecemento6 de setembro de 1896
Lugar de falecementoWashington, D.C.
Causapneumonía
SoterradoCemitério Oak Hill
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade Harvard e Universidade Wesleyana
Ocupaciónictiólogo e zoólogo
PaiFrancis Collier Goode
CónxuxeSarah Ford Judd
Na rede
WikiTree: Goode-2376 Find a Grave: 37442376 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

George Brown Goode, nado en New Albany, Indiana, (Estados Unidos de América) o 13 de febreiro de 1851, e finado en Washington o 6 de setembro de 1896, foi un ictiólogo estadounidense, que pasou a maior parte da súa vida no Museo de Historia Natural do Instituto Smithsoniano.

Ademais, estivo interesado no estudo da historia da ciencia e, en particular, do desenvolvemento da ciencia nos Estados Unidos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou os seus estudos na Universidade Wesleyana, en Middeltown (Connecticut), antes de pasar un ano na Universidade de Harvard, onde asistiu a cursos inclíndo os que ditaba Louis Agassiz (1807-1873). Dirixiu o Orange Judd Museum of Natural History desde 1871 até 1877.

Comezou a traballar en 1872 con Spencer Fullerton Baird (1823-1887). Paralelamente ás súas investigacións con Baird, tamén ttraballou desde 1874 no Servizo de Pesca e Vida Silvestre dos Estados Unidos.

A partir de 1887 dirixiu a reorganización científica e a catalogación das coleccións do Museo Nacional de Historia Natural do Instituto Smithsoniano. Tamén organizou numerosas exposicións no Instituto Smithsoniano, entre elas as de Filadelfia en 1876 e a de Chicago en 1893. Pasou a maior parte da súa carreira como director do Museo do Smitsoniano. Alí publicou varios traballos co seu colega Tarleton Hoffman Bean.

Ademais, estivo interesado no estudo da historia da ciencia e, sobre todo, no desenvolvemento da ciencia nos Estados Unidos.

Obras principais[editar | editar a fonte]

Eponimia[editar | editar a fonte]

O xénero Goodea foi dedicado ao seu nome por David Starr Jordan (1851-1931) en 1880, nome que sería posteriormente dado á familia dos Goodeidae.

Especies[editar | editar a fonte]

Entre as especies que levan o seu nome están as seguintes:

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Goode emprégase para indicar a George Brown Goode como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.