Moncho Rodríguez (atleta)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMoncho Rodríguez

Ramón Rodríguez, nado na Coruña en 1919 e finado en Miami o 7 de xuño de 2013,[1] foi un atleta galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a destacar no atletismo en 1942, nos campionatos universitarios celebrados en Madrid.[2] Ese mesmo ano conseguiu en poucos días o récord de España dos 400 metros, baixándoo por primeira vez dos 50 segundos, e o dos 200 metros.[2]

Tras vivir un ano en Madrid, en 1947 anunciouse que fora fichado polo Fútbol Club Barcelona coa idea de adestrar para participar nos Xogos Olímpicos de Londres. Porén, meses antes da competición emigrou a Cuba e posteriormente aos Estados Unidos e abandonou o atletismo.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]