Monas (xénero)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Monas é un xénero de crisofíceas, descrito por Otto Friedrich Müller en 1773 como un grupo de infusorios. Co tempo, acabou por representar un xénero agregado.

Historia taxonómica[editar | editar a fonte]

A este xénero foron transferidos moitos organismos, pero a maioría das especies de Monas foron despois sinonimizadas ou integradas noutros xéneros. Os organismos unha vez asignados a Monas realmente pertencían a diversos grandes grupos de liñaxes eucariotas (Opisthokonta, Amoebozoa, Rhizaria, Archaeplastida, Stramenopiles, Alveolata, Cryptophyta, Excavata), e incluso a liñaxes procariotas.[2]

O xénero foi tamén incluído noutros grupos, como en Mastigophora ou Flagellata. A práctica actual é o uso (cuestionable) de sinónimos, baseándose en semellanzas morfolóxicas, dos nomes xenéricos Monas (principalmente usado na literatura do leste de Asia) e Spumella (usado como sinónimo na literatura europea e americana) como biflaxelado non pigmentado en Chrysophyceae. Porén, hai un conflito entre as investigacións morfolóxicas e moleculares. O taxón actual Monas/Spumella segue sendo polifilético e comprende polo menos cinco liñaxes, e as probas sobre a identidade da especie tipo de Monas perdéronse.[2]

Este problema na circunscrición de grupos, usando o concepto de especie morfolóxico (ou taxonómico) práctico ou o concepto de especie biolóxico (baseado no grao de semellanza molecular), tamén aparece na taxonomía doutros microorganismos,[3] como outros flaxelados (por exemplo, Bodo, Cercomonas)[2] e microalgas (por exemplo, Chlorococcales).[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Guiry, M.D. & Guiry, G.M. 2014. AlgaeBase. World-wide electronic publication, National University of Ireland, Galway. http://www.algaebase.org/search/genus/detail/?genus_id=44073; acceso 13 de outubro de 2014.
  2. 2,0 2,1 2,2 Boenigk, Jens (2008). "The Past and Present Classification Problem with Nanoflagellates Exemplified by the Genus Monas". Protist 159 (2): 319–337. PMID 18321779. doi:10.1016/j.protis.2008.01.001. 
  3. Lahr, D. J.; Laughinghouse, H. D.; Oliverio, A. M.; Gao, F.; Katz, L. A. (2014). "How discordant morphological and molecular evolution among microorganisms can revise our notions of biodiversity on Earth". BioEssays 36 (10): 950–959. PMC 4288574. PMID 25156897. doi:10.1002/bies.201400056. 
  4. Krienitz, Lothar; Bock, Christina (2012). "Present state of the systematics of planktonic coccoid green algae of inland waters" (PDF). Hydrobiologia 698 (1): 295–326. doi:10.1007/s10750-012-1079-z.