Descontinuidade de Mohorovičić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Moho»)
A descontinuidade de Mohorovičić está marcada coa letra "A".

A descontinuidade de Mohorovičić, ás veces chamada descontinuidade M ou simplemente moho, é unha zona de transición entre a codia e o manto terrestres. Sitúase a unha profundidade media duns 35 km, podendo encontrarse até 70 km de profundidade baixo os continentes ou a tan só 10 km baixo os océanos. Ponse de relevo cando as ondas sísmicas P e S aumentan bruscamente a súa velocidade. Constitúe a superficie de separación entre os materiais rochosos menos densos da codia, formada fundamentalmente por silicatos de aluminio, calcio, sodio e potasio, e os materiais rochosos máis densos do manto, constituído por silicatos de ferro e magnesio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]