Descontinuidade de Conrad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
1 - Codia continental.
2 - Océano e, debaixo, a codia oceánica.
3 - Manto.

A descontinuidade de Conrad, así denominada na honra do sismólogo austro-estadounidense Victor Conrad (1876-1962), designa, na codia continental, o límite inferior da capa de sial, que a separa do sima.

Características[editar | editar a fonte]

Esta descontinuidade non é un límite estrito, non se detecta en todas as zonas da Terra e pouco se sabe dela. Ademais non parece coincidir co punto de cambio xeoquímico entre as rochas máis lixeira do sial e as máis densas do sima, polo que moitos xeólogos non a consideran ou, en todo caso, considérana como unha descontinuidade menor.[1]

No seu lugar, algúns estudosos fixaron, arbitrariamente, no punto no que a codia ten unha densidade media de 2 800 kg/m3 (2,8 g/cm3).[2]

Tanto sial como sima son termos obsoletos, cuñados por Eduard Suess, para designar ás rochas que forman a parte fundamental da codia continental, situadas, as primeiras, máis claras e lixeiras, sobre as máis escuras e densas, que afloran ademais nos fondos oceánicos. Ambos os conceptos perderon significación hoxe e, aínda que describen unha situación real, cun sial descontinuo xacendo sobre un sima continuo,[3] non teñen cabida nas teorías modernas que describen a estrutura da Terra e explican o seu dinamismo.

Estes conceptos eran moi importantes, porén, na teoría da deriva continental, proposta por Alfred Wegener, quen imaxinaba aos continentes, erroneamente, como masas de sial deslizándose sobre o sima.[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Monastersky, Richard (1989): "Inner Space", in Science News, 136, páx. 266.
  2. "Ritter, Michael E. (2006): "Chapter EM: Earth Materials and Structure: The Earth's Interior: The Crust", in The Physical Environment: An Introduction to Physical Geography". Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2007. Consultado o 11 de novembro de 2007. 
  3. Tarbuck, E. J. & Lutgens, F. K. (2005): Ciencias de la Tierra, 8ª ed. Madrid: Pearson Educación S. A. ISBN 84-205-4400-0.
  4. El Origen de los continentes y océanos. Alfred Wegener. Editorial Crítica. ISBN 84-9892-018-3. páx. 43.
  5. Geografía José Martín del Campo Amezquita. Ediciones Umbral. Jalisco, México, 2006. ISBN 968-5607-38-9, páx. 62

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bates, R. L., e Jackson, J. A. (1987): Glossary of Geology. Alexandia, Virginia: American Geological Institute.
  • Clark, Sydney P. (1987): La estructura de la Tierra. Barcelona: Ediciones Orbis. ISBN 84-7634-467-8.
  • Dilek, Y. e Newcomb, S. (eds.) (2003): "Ophiolite Concept and the Evolution of Geological Thought". Boulder, Colorado: Geological Society of America Special, Paper 373.
  • Domínguez, Antonio (1975): La formación de la Tierra. Barcelona: Salvat Editores. ISBN 84-345-7361-X.
  • Foster, Robert J. (1973): Geología. Barcelona: Editorial Labor. ISBN 84-335-5523-5.
  • Lillo Beviá. José et al. (1995): Geología. Paterna, Valencia: Editorial ECIR. ISBN 84-7065-073-4.
  • Meléndez, Bermudo e José Mª Fuster (1981): Geología, 4ª ed. Madrid: Paraninfo. ISBN 84-283-0956-6.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]