Moeda de medio centavo de dólar estadounidense
A moeda de medio centavo de dólar estadounidense foi unha moeda de cobre con ese valor facial, emitida entre 1793 e 1857 pola Casa da Moeda dos Estados Unidos. Tivo cinco modelos diferentes e foi a moeda de menor valor facial das que circularon nos Estados Unidos.
Historia
[editar | editar a fonte]A moeda de medio centavo de dólar foi autorizada por primeira vez pola Lei da moeda de 1792, do 2 de abril.[1][2] A partir dese momento cuñouse sempre cun 100 % de cobre e unicamente na Ceca de Filadelfia.[3]
A súa produción foi cancelada pola Lei da Moeda de 1857, do 21 de febreiro.[4]
Versións
[editar | editar a fonte]No seu anverso, a moeda de medio centavo representa unha personificación alegórica da Liberdade, coa inscrición LIBERTY, en tanto que no seu reverso se amosa o valor facial da moeda rodeado por unha coroa vexetal. Hai cinco versións deste modelo xeral:
Versións | Imaxe | Período | Deseño | Gravado | Características | Tiraxe |
---|---|---|---|---|---|---|
Liberty Cap [5] (Liberdade con gorro) Cara á esquerda |
1793 | Incerto.[6] | Henry Voigt | Cobre 6,74 g 22 mm |
35.334 | |
Liberty Cap [7] (Liberdade con gorro) Cara á dereita |
1794-1797 | Robert Scot | Robert Scot | Cobre 6,74 g 23,5 mm |
350.520 | |
Draped Bust [8] (Busto drapeado) |
1800-1808 | Robert Scot | Robert Scot | Cobre 5,44 g 23,5 mm |
3.416.950 | |
Classic Head [9] (Cabeza clásica) |
1809-1836 | John Reich | Robert Scot | Cobre 5,44 g 23,5 mm |
6.934.862 | |
Braided Head [10] (Cabeza con trenzado) |
1840-1857 | Christian Gobrecht | Christian Gobrecht | Cobre 5,44 g 23,0 mm |
544.510 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Coinage Act of April 2, 1792". United States Mint.
- ↑ "Copper Half-Cent and One-Cent Coin Legislation". United States Mint.
- ↑ "Half Cent, Coin Type from United States - detailed information". Onlinecoin.club
- ↑ Texto da Lei da Moeda de 1857. Memory.loc.gov
- ↑ "½ Cent 1793". Numista.com
- ↑ Non se coñece documentalmente a autoría desta primeira versión. Algunhas fontes atribúenlla a artistas gravadores como Joseph Wright, Henry Voigt ou Adam Eckfeldt ("Liberty Cap Half Cents Arquivado 23 de novembro de 2022 en Wayback Machine.". Libertycaphalfcent.com).
- ↑ "½ Cent Liberty Cap, Head Facing Right". Numista.com
- ↑ "½ Cent Draped Bust". Numista.com
- ↑ "½ Cent "Classic Head". Numista.com
- ↑ "½ Cent "Braided Hair". Numista.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Moeda de medio centavo de dólar estadounidense |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Manley, R. P. (1998). The Half Cent Die State Book 1793-1857. J. R. Grellman.
- Cohen, R.S. (1982). American Half Cents. The "Little Half Sisters". Wigglesworth & Ghatt.
- Breen, W. (1983). Walter Breen's Encyclopedia of United States Half Cents 1793-1857. American Institute of Numismatic Research. ISBN 978-0911021004
- Eckberg, W. R. (2019). The Half Cent, 1793-1857 The Story of America's Greatest Little Coin. Eckberg. ISBN 9781645164173
- Fuhrman, E. (2020). The Half Cent Handbook: Draped Bust Varieties 1800-1808.
- Fuhrman, E. (2021). The Half Cent Handbook: Classic Head & Braided Hair Varieties.
- Fuhrman, E. (2022). The Half Cent Handbook: Liberty Cap Varieties 1793-1797.
- Fuhrman, E. (2022). The Half Cent Handbook: Errors and Oddities.
- Yeoman, R. S. (2022). A Guide Book of Red Book US Coins 2023. Whitman. ISBN 978-0794849627