Modesto Pose

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Modesto Pose Mesura»)
Infotaula de personaModesto Pose
Biografía
Nacemento29 de decembro de 1955 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Malpica de Bergantiños, España Editar o valor em Wikidata
Senador de España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsXosé Manuel Pose Mesura Editar o valor em Wikidata

Modesto Pose Mesura, nado en Barizo (Malpica de Bergantiños) o 28 de decembro de 1955,[1] é un médico e político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Papeleta da circunscrición electoral de Pontevedra para o Senado nas Eleccións xerais de abril de 2019.

Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, foi inspector médico no SERGAS. Foi candidato á alcaldía de Malpica de Bergantiños polo PSdeG-PSOE nas eleccións municipais de 1983 polo PSdeG-PSOE, logrando 2 concelleiros. Posteriormente instalouse en Vilagarcía de Arousa por motivos profesionais. Foi Secretario Comarcal do PSdeG-PSOE en Arousa (1993-1997), Secretario Provincial de Pontevedra do PSdeG-PSOE (1998-2012, ata 2009 como Coordinador Provincial), membro da Executiva Galega (2001-2012) e deputado no Parlamento de Galicia dende 2001 ata 2012. Foi candidato á alcaldía de Vilagarcía de Arousa nas eleccións municipais de 2011. Tralas Eleccións Xerais de 2015 foi designado senador polo Parlamento de Galicia, volvendo a ser novamente designado tralas Eleccións Xerais de 2016. Nas Eleccións Xerais de abril de 2019 volveu a ser escollido senador tras presentarse pola provincia de Pontevedra, sendo o candidato máis votado. Repetiu candidatura nas Eleccións de novembro do mesmo ano volvendo a ser elixido e o candidato máis votado. Nas Eleccións Xerais de 2023 foi elixido deputado no Congreso pola provincia de Pontevedra.


Predecesor:
Antón Louro
 
Sectretario Provincial do PSdeG-PSOE de Pontevedra
 
1998 - 2012
Sucesor:
Santos Héctor Rodríguez

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É irmán de Xosé Manuel Pose Mesura.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]