Modesto Moure
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | descoñecido ![]() |
Morte | 1936 ![]() Ourense, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista ![]() |
Modesto Moure, finado en Ourense en 1936, foi un poeta e xornalista galego que residiu boa parte da súa vida en Cuba.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]No ano 1906 foi vicepresidente da delegación de Cienfuegos da Real Academia Galega[1]. Segundo a súa necrolóxica en Vida Gallega a súa profesión foi a talla en madeira[2].
Pertenceu á xunta directiva da Juventud Artística Gallega en Cuba[3] e director de escena da sociedade teatral Pro casa Curros Enríquez.[4].
A súa obra poética, a maior parte en galego, publícanse nos periódicos cubanos Eco de Galicia, Heraldo de Galicia e Galicia. Tamén foi asiduo colaborador literario, a partir de 1932, da revista viguesa Vida Gallega e do xornal El Compostelano.
En 1934 retorna a Galicia coa súa familia establecéndose en Ourense. Faleceu nesa mesma cidade en 1936.
Tamén fixo o texto da canción galega Quen fora ese reiseñol do compositor Antonio Silva, partitura publicada no n.º 463 da revista Vida Gallega.
Como poeta utilizou os alcumes O Marqués d’a Venda Nova e Barón de Lestrove.
Obra
[editar | editar a fonte]![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Poesía en galego
[editar | editar a fonte]- Cantares d’o emigrado, (Eco de Galicia, La Habana, 4 de abril de 1920, p. 29).
- Morrendo a tarde, (Eco de Galicia, La Habana, 2 de mayo de 1920, p. 26).
- Terra como te vexo, (Heraldo de Galicia, La Habana, 23 de mayo de 1920, p. 6).
- O calvario d’o labrego, (Heraldo de Galicia, La Habana, 9 de enero de 1921, p. 11).
- Mirando o presente, (Heraldo de Galicia, La Habana, 26 de junio de 1921, p. 2).
- ¡Qué será?, (Galicia, 6 de agosto de 1922, p. 16).
- Aleluya, (Galicia, 16 de septiembre de 1922, p. 11).
- Foxa de neve, (Vida Gallega, Vigo, 10 de abril de 1932, p. 31).
- Floraina, (Vida Gallega, Vigo, 20 de abril de 1932, p. 13).
- Amanecer, Pastoral, (Vida Gallega, 20 de agosto de 1932, p. 20).
- Vento do mar, (El Compostelano, Santiago de Compostela, 19 de enero de 1933, p. 4).
- Xan de Reza, (Vida Gallega, 10 de mayo de 1934, p. 33).
Poesía en castelán
[editar | editar a fonte]- Soneto, (Vida Gallega, Vigo, 30 de abril de 1932, p. 20).
- Visión, (Vida Gallega, 10 de junio de 1932, p. 31).
- Mi bajel de ensueño, (Vida Gallega, 20 de noviembre de 1932, p. 26).
- Noche de hadas, (El Compostelano, Santiago de Compostela, 18 de enero de 1933, p. 4).
- Soneto, (Vida Gallega, 30 de abril de 1934, p. 9).
- Mis claveles, (Vida Gallega, 30 de abril de 1934, p. 25).
- En el puerto, (Vida Gallega, 20 de mayo de 1934, p. 27).
Artigos xornalísticos
[editar | editar a fonte]- El centro gallego en el quincuagésimo cuarto aniversario de su fundación, (Vida Gallega, 20 de abril de 1933, p. 26).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "De aquí y de allá. Academia gallega". Galicia (La Habana): 5. 24 de xuño de 1906.
- ↑ Solá Mestre, Jaime (30 de maio de 1936). "Los que mueren Modesto Moure". Vida Gallega (Vigo): 11.
- ↑ Heraldo de Galicia (La Habana): 8. 20 setembro 1927. Falta o
|title=
(Axuda) - ↑ Heraldo de Galicia (La Habana): 12. 14 de maio de 1921. Falta o
|title=
(Axuda)