Modesto Álvarez Elices

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaModesto Álvarez Elices
Biografía
Nacemento23 de marzo de 1888 Editar o valor em Wikidata
Xinzo de Limia, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de agosto de 1963 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Xinzo de Limia, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Xinzo de Limia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacéutico , político , xornalista Editar o valor em Wikidata

Modesto Álvarez Elices, nado en Xinzo de Limia o 23 de marzo de 1888 e finado no mesmo concello o 16 de agosto de 1963, foi un farmacéutico, xornalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela en 1913. Foi administrador de El Eco Antelano. Desenvolveu a súa actividade profesional en Tucumán en 1916. Foi Subdelegado de Farmacia en Xinzo de Limia e tiña farmacia en Trasmiras. Na Segunda República foi elixido concelleiro de Xinzo de Limia polo Partido Radical nas eleccións municipais do 31 de maio de 1931.[1] Logo da dimisión de Felisindo Carballo Romero en 1935, foi elixido alcalde de Xinzo de Limia. Finou en Xinzo de Limia o 16 de agosto de 1963.[2]

Predecesor:
Felisindo Carballo Romero
 
Alcalde de Xinzo de Limia
 
1935 - 1936
Sucesor:
Augusto Peláez Quelle

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Gómez Villarino, e foi pai de Leopoldo, Abel, Ignacio, Modesto, Monserrat e María del Carmen Álvarez Gómez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Proclamación da II República en Xinzo de Limia (1931)
  2. Necrolóxica en La Región, 17-8-1963, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]