El Eco Antelano
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
El Eco Antelano foi un periódico editado en Xinzo de Limia entre 1911 e 1912.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Semanario Independiente, apareceu o 24 de decembro de 1911. Dirixido por José Santiago Taboada, o xefe de redacción era Ramón Villarino de Sáa e o administrador Modesto Álvarez Erices. Era un xornal conservador e clerical que contiña información xeral, cultural, relixiosa e textos literarios e poemas. Cesou a súa publicación en abril de 1912.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Martínez Cerredelo, Edelmiro (2005). Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso", ed. A prensa en Xinzo de Limia: Século XX (1911-1925). Xinzo de Limia. ISBN 84-689-5317-2.