Mitsumasa Anno
![]() (2000) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de marzo de 1926 ![]() Tsuwano, Xapón (pt) ![]() ![]() |
Morte | 24 de decembro de 2020 ![]() |
Causa da morte | cirrose hepática ![]() |
Educación | Q11467051 ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura xuvenil ![]() |
Ocupación | escritor, ilustrador, escritor de literatura infantil, pintor ![]() |
Período de actividade | (Con vida en: 1960 ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Iedereen Leest Lexicon van de jeugdliteratuur ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Mitsumasa Anno (安野 光雅 Anno Mitsumasa?), nado en Tsuwano o 20 de marzo de 1926 e finado o 24 de decembro de 2020, foi un ilustrador e escritor de libros infantís xaponés, coñecido porlos seus libros de ilustracións con poucas ou ningunha palabra. Recibiu o premio Hans Christian Andersen en 1984 polas súas "duradeiras achegas á literatura infantil".
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Anno naceu e medrou en Tsuwano, nunha pequena vila da prefectura de Shimane[1]. Como estudante dun instituto rexional estudou arte, debuxo e os escritos de Hermann Hesse.[2]
Durante a segunda guerra mundial reclutárono no exército xaponés.[2] Logo da guerra obtivo un título na Escola de formación de profesores Yamaguchi (predecesora da Universidade de Yamaguchi) en 1948. Ensinou matemáticas durante dez anos nunha escola primaria de Toquio antes de comezar a súa carreira como ilustrador de libros infantís.[2]
Anno viviu no Xapón coa súa muller, Midori. Tiveron dous fillos, Masaichiro e Seiko.[3] Morreu o 24 de decembro de 2020 dunha cirrose hepática.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Japanese Children's Books, ed. (inverno de 2004). "Interview with Mitsumasa Anno". Consultado o 1 de maio de 2007.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Gale Biographies of Children's Authors (ed.). "Mitsumasa Anno". Answers.com (reprint). Consultado o 1 de maio de 2007.
- ↑ Something About the Author, ed. (2005). "Anno, Mitsumasa 1926-". Encyclopedia.com. Consultado o 4 de marzo de 2015.
- ↑ The Japan Times, ed. (16 de xaneiro de 2021). "Japanese painter Mitsumasa Anno dies at 94". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2021. Consultado o 16 de xaneiro de 2021.
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Xapón |