Miriam Beizana Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Miriam Beizana Vigo
Miriam Beizana Vigo.001 - Escritora.jpg
Nacemento20 de agosto de 1990
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora
editar datos en Wikidata ]

Miriam Beizana Vigo, nada na Coruña o 20 de agosto de 1990, é unha escritora e galega en lingua castelá e crítica literaria.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballa na administración orientada ao sector industrial, aínda que leva escribindo desde moi nova. A súa primeira novela, Marafariña, en parte autobiográfica, conta a historia de amor entre Ruth, unha nova Testemuña de Xehová e Olga, unha moza catalá que chega á aldea na que reside a primeira; esta novela ten unha secuela, Inflorescencia, publicada 3 anos máis tarde.[2][3][4] Todas las horas mueren é unha novela curta que, na ficción, foi escrita por Olga a partir dunhas páxinas que comezou a súa nai. Finalmente, escribiu un ensaio sobre o cantante de pop Tino Casal.[5][6][7]

Aínda que na súa obra sempre dá protagonismo ás mulleres (xeralmente lesbianas), rexeita a etiqueta de novelas lésbicas dado que non son exclusivas de persoas LGTBI. En palabras da autora:

Coido que ninguna autora ou autor escribe novela LGBT propiamente dicha. Escriben novela romántica, novela fantástica, novela intimista, novela de ciencia ficción en cuxa trama reflíctese algún personaxe homosexual. No sei en que clase de mundo seguimos vivindo que fai que este tipo de libros deban ter un distintivo, como se só puideran enfocarse a un público xeral. Que rabia. Como se fose un problema, unha barrera, un distintivo. Que chirriante. Porque eu leo máis cantidade de novela heterosexual que de novela lésbica, pero seica o mundo heterosexual non pode asumir ler novela lésbica.

Entre as súas influencias están Fannie Flagg, Virginia Woolf, Carmen Laforet, Rosa Montero e Ana María Matute.

Colabora realizando críticas literarias na web A Librería[8], e realiza artigos no portal de difusión e visibilidade LGTB Hay una lesbiana en mi sopa.[9] Tamén publicou varios relatos, tanto de forma particular como formando parte de antoloxías.

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 2º Premio no XI Certame de Contos Interculturais (polo relato El Tren)[10]

Obras[editar | editar a fonte]

Novelas[editar | editar a fonte]

Relatos[editar | editar a fonte]

  • Beizana Vigo, Miriam (2018). El tren. Lektu. 

Ensaio[editar | editar a fonte]

Libros colectivos[editar | editar a fonte]

  • Beizana Vigo, Miriam (2016). Cada día me gustas más (Relato: Ensayo sobre la fragilidad del amor). Hulems. ISBN 978-1540804501. .
  • Beizana Vigo, Miriam (2016). Personajes de novela (Relato: El peso de las lágrimas en el corazón). Playa de Ákaba. ISBN 978-8494625428. .
  • Beizana Vigo, Miriam (2018). Actos de F.E. (Relato: Dor). Cerbero. ISBN 978-84949845-5-6. .
  • Beizana Vigo, Miriam (2019). Misteria I (Relato: A Raíña). LES. ISBN 978-84-949350-7-7. .

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sobre mí". 
  2. "Miriam Beizana presentó «Marafariña»" (digital). La Voz de Galicia. 20 de novembro de 2015. 
  3. Presentación de Marafariña en la Biblioteca de Carballo (Youtube). 
  4. "[Reseña] 'Inflorescencia' (Marafariña libro segundo) de Miriam Beizana Vigo". Café de tinta. Xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal (digital) o 18 de xullo de 2018. Consultado o 18 de xullo de 2018. 
  5. "Tino Casal se asoma a LibrOviedo para contar 'tal como fue'" (digital). El Comercio. 9 de maio de 2016. 
  6. "Un Libroviedo de récords" (digital). 
  7. Tino Casal. Tal como fue. Presentación del libro en la Sala Transcorrales (Youtube). 
  8. "Críticas de Miriam Beizana" (digital). 
  9. "Artículos de Miriam Beizana" (digital). 
  10. "‘La memoria de los lápices’ gana el XI Certamen de Cuentos Interculturales". MelillaMedia. Arquivado dende o orixinal (digital) o 18 de xullo de 2018. Consultado o 18 de xullo de 2018. el segundo premio, dotado con 600 euros, ha recaído sobre la coruñesa Miriam Berizana con su obra ‘El tren’