Miranda do Corvo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Coordenadas: 40°06′00″N 8°20′00″O / 40.10000, -8.33333

Miranda do Corvo
Pt-mcv1.png
MCV.png
Miranda do Corvo vista do Calvário.JPG
Localización
Miranda do Corvo en Portugal
Miranda do Corvo
Miranda do Corvo
País Flag of Portugal.svg Portugal
Rexión Centro
Subrexión Pinhal Interior Norte
Distrito Coimbra
Xeografía
Superficie 126,38 km²
Demografía
Poboación 13 098 hab. (2011)
Densidade 103,64 hab/km²
Xentilicio Mirandense, corvense
Outros datos
Código postal 3220-206 Miranda do Corvo
Alcalde Miguel Baptista (PS)
www.cm-mirandadocorvo.pt

Miranda do Corvo é unha vila portuguesa no distrito de Coímbra, rexión Centro e subrexión do Pinhal Interior Norte.[1][2] É sede dun municipio de 13 098 habitantes e ten 126,38 km² de área.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Mosteiro de Santa Maria, Semide.

A primeira referencia á rexión de Miranda do Corvo data de finais do século X, aunque hai evidencia arqueolóxica de presenza humana muito antes.[3] Un documento do século X que dicía que estas terras estaban asociadas co Mosteiro de Lorvão en 998, identificaba unha estrutura militar en Miranda do Corvo que incluía unha torre.[3] Hoxe en día acreditase que a poboación das freguesías de Vila Nova e Chão de Lamas decorreu a prehistoria.[3] Cavadas arqueolóxicas arredor do poboado romano de Eira Velha en Lamas ten vestíxios dunha importante comunidade agrícola ao longo das estradas romanas.[3]

Estación de tren de Miranda a finais do século XIX e comezos do XX.

O máis antigo poboado, no Alto do Calvário, suxere un período de colonización datado da Idade Media, a partir da datación de tumbas e do composto térreo.[3]

O antigo poboado de Miranda do Corvo desenvolveuse arredor do seu castelo o qual debido á súa localización e defensibilidade, guardaba o acceso ao longo da antiga estrada romana que cruzaba Corvo e ligaba Sellium (Tomar) a Aeminium (Coímbra) mais tamén a outros puntos do interior do oeste peninsular.[3] A súa posición central e a súa vantaxe xeográfica ficeran que adoptase o nome "Miranda", do latín Mirandus (significando "torre de vixilancia").[3]

O poboado era para ter crecido arredor da pena do Alto do Calvário. Porém, aínda coñecendo a importancia da liña defensiva do Mondego durante a Reconquista Cristiá de Coímbra, pouca información sobrevive do papel de Miranda.[3] En 1161, a rexión foi atacada polos almorábides, mais recuaron en Coímbra.[3] O castelo de Miranda do Corvo foi destruído no século XII, resultado na destrucción das barreiras de fortificación, muitas mortes e persoas en cárcere. O castelo permaneceu en ruínas, non está claro cando foi reconstruído.[3]

En 19 de novembro de 1136 Miranda recibiu o seu primeiro foral de D. Afonso Henriques,[4] o cal foi confirmado polo rei D. Afonso II.[3]

En 1383 durante o Interregno (1383-1385), Miranda abriu as portas ao rei Xoán I de Castela cando ele viaxaba en dirección a Lisboa para facer fronte ó Mestre de Avis.[3]

Mais ao longo dos séculos o antigo castelo caín en ruínas.[3] O Livro das Posturas polo concello municipal fala dos restos do castelo existindo en maio de 1799.[3] Outros testimonios dicin que muitas pedras fóron roubadas do castelo, resultando nunha prohibición das autoridades locais contra aqueles que irían destruír o castelo para construír as súas casas.[3] Mais, foi ironicamente a reconstrución da ponte de Corvo, sobre a Ribeira do Alhêda que acabou na destrucción do castelo.[3]

Durante a terceira incursión da forzas francesas durante a Guerra Peninsular a rexión unha vez máis tornouse un punto estratéxico.[3] Parte da Batalla do Casal Novo, a cal ocorreu na mañá de 14 de marzo de 1811, tivo lugar na freguesía de Lamas.[3] A estratexia de terra queimada usada polas forzas napoleónicas resultou na morte de muitos, na destrucción da propiedade e epidemias en muitos puntos.[3]

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello limita ó nordés con Vila Nova de Poiares, ó leste coa Lousã, ó sueste con Figueiró dos Vinhos, ó suroeste con Penela, ó oeste con Condeixa-a-Nova e ó noroeste con Coímbra.

Vista de Vila Nova.
Vsita de Senhor da Serra.

Freguesías[editar | editar a fonte]

Mapa das freguesías de Miranda de Corvo despois da reorganización territorial de 2013.

O municipio de Miranda do Corvo está dividido en 4 freguesías:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Senos, ITDS, Rui Campos, Pedro. "Statistics Portugal". www.ine.pt. Consultado o 2016-10-22. 
  2. Lourenço, Luciano (2014-11-01). Multidimensão e territórios de risco (en portugués). Imprensa da Universidade de Coimbra / Coimbra University Press. ISBN 9789899625334. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 3,13 3,14 3,15 3,16 3,17 3,18 Câmara Municipal, ed. (2015). "História" (en Portuguese). Miranda do Corvo, Portugal: Câmara Municipal de Miranda do Corvo. 
  4. Costa, Anouk; Morgado, Cláudia; Vale, Rita (2010). SIPA, ed. "Núcleo urbano da vila de Miranda do Corvo (PT020609020012/IPA.00028141)" (en Portuguese). Lisbon, Portugal: SIPA – Sistema de Informação para o Património Arquitectónico. Consultado o 14 October 2016. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 360, Autarquia. "CM Miranda do Corvo -Freguesias". www.cm-mirandadocorvo.pt. Consultado o 2016-10-22. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.