Minga Guazú

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Minga Guazú no departamento de Alto Paraná.

Minga Guazú é un distrito do departamento Alto Paraná, no Paraguai. É parte de Gran Ciudad del Este. Anteriormente era coñecida como "Colonia Presidente Stroessner", pero foi cambiado despois da caída do ditador Alfredo Stroessner.

Topónimo[editar | editar a fonte]

O seu nome deriva do español "minga", que significa traballo de cooperación para a mellora, e a palabra guaraní "guasu", que significa grande. Estas dúas palabras xuntas veñen significando "gran traballo en comunidade".

Historia[editar | editar a fonte]

Minga Guazú foi fundada e creceu debido ao traballo dos Salesianos, liderados polo padre Guido Coronel, o fundador da cidade. A mediados da década de 1960, Coronel decidiu construír unha cidade a 20 quilómetros da fronteira co Brasil.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Clima[editar | editar a fonte]

A temperatura media anual é de 21 °C, a máxima chega ós 38 °C e a mínima ós 0 °C. As maiores precipitacións do país rexístranse na rexión do Alto Paraná.

Demografía[editar | editar a fonte]

Dos 60.719 habitantes, 31.358 eran do sexo masculino e 29.361 do sexo feminino, de acordo con estimacións da Dirección Xeral de Estadística, Censo e Investigacións.

Economía[editar | editar a fonte]

Gran parte da actividade económica da cidade está baseada na agricultura. O seu principal produto é a soia, ademais de millo, mandioca, algodón, trigo, herba mate, cana de azucre, galiñas, legumes e feixóns. A maior industria do aceite de Paraguai está en Minga Guazú, de propiedade da multinacional Cargill.

O aeroporto guaraní está localizado na cidade de Ming Guazú. É un dos aeroportos máis modernos de América do Sur. Está situado a 4 km da Ruta VII e a 30 de Ciudad del Este.

A Minga Guazú Expo realízase anualmente en setembro. A festa patronal celebrarse o 24 de maio, o día de María Auxiliadora. O 6 de xullo celebrarse o "Día do Minguero".