Minbar
Aparencia
(Redirección desde «Mimbar»)
| Minbar | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
O minbar é o púlpito da mesquita, desde onde o imán pronuncia o sermón do venres (khutbah). Usualmente sitúase á dereita do mihrab, ten forma dunha pequena torre cun teito rematado en punta e leva incorporadas unhas escaleiras para subir. Normalmente presenta ricas decoracións. Nas mesquitas otomás presenta a forma dunha plataforma sen cúpula.
