Milovan Glišić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Milovan Glišić
Nacemento7 de xaneiro de 1847
Lugar de nacementoGradac
Falecemento20 de xaneiro de 1908
Lugar de falecementoDubrovnik
Causatuberculose
NacionalidadeSerbia
Alma máterUniversidade de Belgrado
Ocupaciónlingüista, escritor, poeta, xornalista, dramaturgo, crítico literario e escritor de ciencia ficción
Coñecido porNoventa anos despois
Na rede
IMDB: nm0322909 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Milovan Glišić (en cirílico, Милован Ђ. Глишић) nado en Gradac, preto de Valjevo o 6 de xaneiro de 1847 e finado en Dubrovnik o 20 de xaneiro de 1908, foi un escritor, tradutor e crítico literario serbio.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha comunidade agraria de Serbia e tivo que traballar dende moi novo para axudar os pais. Estudou na Grande École de Belgrado (hoxe Universidade de Belgrado), onde se licenciou en 1875. Traballou para a sección de prensa do Ministerio de asuntos exteriores durante a Guerra serbio-turca de 1875 e máis tarde para varios medios como xornalista e tradutor. Foi así mesmo bibliotecario e dramaturgo do Teatro Nacional de Belgrado.

Obra[editar | editar a fonte]

Relatos[editar | editar a fonte]

  • Glava šećera
  • Ni oko šta
  • Noventa anos despois[1] (Posle devedeset godina)
  • Prva brazda
  • Raspis
  • Redak zver
  • Roga
  • Sigurna većina
  • Svirač
  • Šilo za ognjilo
  • Vujina prosidba
  • Zloslutni broj

Dramaturxia[editar | editar a fonte]

  • Dva cvancika (1883)
  • Podvala (1885)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Traducida ao galego por Jairo Dorado Cadilla e publicada pola Editorial Hugin e Munin.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]