Milo Winter
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 7 de agosto de 1888 Princeton |
| Morte | 15 de agosto de 1956 |
| Actividade | |
| Ocupación | ilustrador |

Milo Winter, nado en Princeton (Illinois) o 7 de agosto de 1888 e finado en 1956, foi un ilustrador de libros estadounidense. Produciu obras para as edicións das Fábulas de Esopo, Arabian Nights, Alicia no País das Marabillas, As viaxes de Gulliver, e outros contos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse na Escola de Chicago do Instituto de Arte. Viviu en Chicago até principios de 1950, cando se trasladou á cidade de Nova York. De 1947 a 1949, foi o editor de arte dos libros Childcraft e desde 1949, foi editor de arte na división de tiras de película de Silver Burdett Company.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Ilustración de Milo Winter para O Doutor coello e o raposo, de Thomas Clark Hinkle.
- A formiga e a cigarra, ilustración de Milo Winter de 1919, Antoloxía de Esopo.
- A zorra e as uvas, ilustración de Milo Winter de 1919, Antoloxía de Esopo.
- A tartaruga e a lebre, ilustración de Milo Winter de 1919, Antoloxía de Esopo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Milo Winter |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Peter H. Falk, Who Was Who in American Art, 1985 ISBN 0-932087-00-0