Milo Đukanović

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Milo Đukanović
Milo Đukanović.jpg
Presidente de Montenegro
Período2018
AntecesorFilip Vujanović
Primeiro ministro de Montenegro
Período20082010
AntecesorIgor Lukšić
SucesorDuško Marković
Datos persoais
Nacemento15 de febreiro de 1962
 Nikšić
OrganizaciónDPS
CónxuxeLidija Đukanović
Alma máterUniversity of Montenegro Faculty of Economics
ProfesiónEconomista
Relixiónateísmo
editar datos en Wikidata ]

Milo Đukanović (en montenegrino, Мило Ђукановић; Nikšić, ex-Iugoslavia, 15 de febreiro de 1962) é un político montenegrino, actual Presidente de Montenegro.

Antes foi Primeiro Ministro dese país varias veces desde 1991 ata 1998 e de novo desde 2003 ata 2006 e finalmente entre 2008 ata 21 de decembro de 2010.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Membro do Partido dos Socialistas Democráticos de Montenegro, Đukanović foi Primeiro Ministro de Montenegro entre o 15 de febreiro de 1991 e o 5 de febreiro de 1997, cando asumiu como Presidente de Montenegro. O 26 de novembro de 2002 volveu asumir como Primeiro Ministro, sendo un dos principais impulsores do referendo que decidiu a separación do seu país da federación que mantiña con Serbia, realizado en 2006.

Tras a independencia do seu país, Đukanović autoproclamouse ministro de Defensa, o que provocou as críticas de diversas organizacións que consideraron a medida como anticonstitucional. Ademais, foi acusado de contrabando de tabaco cara a Italia. Finalmente, renunciou ao seu cargo e propuxo a Željko Šturanović como o seu sucesor, o que asumiu o 10 de novembro de 2006. Tras actuar brevemente como Ministro de Defensa de forma temporal, volveu asumir como Primeiro Ministro o 29 de febreiro de 2008.

Nas eleccións presidenciais de 2018 foi o cabeza de lista do seu partido obtendo o 53,9% dos votos en primeira rolda e converteuse no novo Presidente de Montenegro.