Filip Vujanović

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Filip Vujanović
FilipVujanovic.jpg
Филип Вујановић
Presidential Standard of Montenegro.svg 1º Presidente de Montenegro
Período2006–act.
Datos persoais
Nacemento1 de setembro de 1954
LugarBelgrado
OrganizaciónDPS
CónxuxeSvetlana Vujanović
ProfesiónAvogado

Filip Vujanović (en montenegrino: Филип Вујановић), nado o 1 de setembro de 1954 en Belgrado, é o presidente de Montenegro dende 2003. Con anterioridade fora Ministro de Xustiza (marzo de 1993 - maio de 1995), Ministro de Interior (maio de 1995 - febreiro de 1998) e Primeiro Ministro (5 de febreiro de 1998 - 5 de novembro de 2002).

Coa independencia do país en xuño de 2006, converteuse no primeiro presidente de Montenegro como estado independente e separado de Serbia. Vujanović licenciouse na Facultade de Dereito de Belgrado. Está casado, ten dúas fillas e un fillo e é membro do Partido dos Socialistas Democráticos de Montenegro.