Miguel Ricardo de Álava
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2020.) |
Miguel Ricardo de Álava, nado en Vitoria o 7 de febreiro de 1772 e finado en Barèges (Francia), o 14 de xullo de 1843, foi un militar, político e diplomático español.
Carreira militar
[editar | editar a fonte]De familia nobre, casou coa súa prima. Cursou os estudos primarios no Seminario de Vergara. En 1785, con 13 anos, ingresou como cadete no Rexemento de Infantería de Sevilla, á fronte do cal estaba o seu tío. Á súa saída da infantaría (1790), ingresou na armada. Nesta etapa participou nas accións militares contra Francia e Inglaterra en Ceuta. A súa participación nestes sucesos fíxoo ascender con rapidez, e en 1794 xa era Tenente de fragata.
En 1795 embarcou co seu tío nunha expedición que pretendía dar a volta ao mundo e permaneceu até 1880 en América do sur. No seu regreso a España foi apresado polos ingleses e liberado meses máis tarde. En 1802 ascendeu a Tenente de navío. Máis tarde participaría na Batalla de Trafalgar sendo ascendido de novo.
Presidente do Consello de Ministros
[editar | editar a fonte]Durante a Rexencia de María Cristina,(1837), foi nomeado embaixador en Londres, onde tratou de xestionar a intervención da Cuádrupla Alianza dunha maneira firme e con apoio militar durante a Primeira Guerra Carlista en favor da raíña Isabel II.
Aceptou o cargo de Ministro da Mariña, cargo que ocupou dende o 14 de setembro até o 25 de setembro de 1835 co Conde de Toreno. Coa saída deste do goberno, rexeitou continuar no gabinete, aínda que llo pedira Juan Álvarez Mendizábal. Nominalmente foi nomeado Presidente do Consello de Ministros antes de ser nomeado Mendizábal, pero non xurou o cargo, permanecendo en Londres. Finalmente foi nomeado embaixador en París.
Nas disputas entre o Partido Moderado e o Partido Progresista, decantouse por aquelas que apoiaron o Motín de la Granja de San Ildefonso, así como as consecuencias xurídicas que se derivaron dos sucesos coa aprobación da Constitución de 1837, que non xurou até 1838. Volveu á embaixada londiniense, máis tarde regresa a España en xuño de 1843, falecendo un mes máis tarde.
Reinado de Isabel II de España | ||
---|---|---|
Segue a: José María Queipo de Llano Ruiz de Saravia |
Miguel Ricardo de Álava | Precede a: Juan Álvarez Mendizábal |
Presidente do Goberno de España |