Miguel Flaño
Miguel Flaño | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Miguel Flaño Bezunartea | ||
Nacemento | 19 de agosto de 1984 (38 anos) | ||
Lugar de nacemento | Pamplona | ||
Altura | 1,77 m. | ||
Posición | Defensa central | ||
Carreira xuvenil | |||
Osasuna | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2001–2004 | Osasuna B | 70 | (2) |
2019 | Córdoba | 9 | (0) |
Selección nacional | |||
2001 | España sub-16 | 7 | (1) |
2001 | España sub-17 | 4 | (0) |
2002 | España sub-19 | 1 | (0) |
2005 | España sub-23 | 2 | (0) |
Na rede | |||
![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 8 de xuño de 2019. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Miguel Flaño Bezurnartea, nado en Pamplona o 19 de agosto de 1984, é un futbolista profesional navarro, que xoga como defensa. O seu irmán xemelgo Javier tamén é futbolista profesional, e ambos medraron no CA Osasuna.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Flaño formouse nas categorías inferiores do Osasuna. Fixo a súa estrea no primeiro equipo o 18 de setembro de 2004, na vitoria por 3-2 na casa contra o Real Betis,[1] rematando a súa tempada de debut con oito partidos disputados. Con tan só 17 anos empezou a xogar regularmente co filial na terceira división.
O 9 de xuño de 2007, Flaño marcou o seu primeiro gol co Osasuna, na vitoria por 5-0 fronte ao Betis.[2] Ademais xogou tres encontros na Copa da UEFA, onde o Osasuna chegou ata as semifinais.
A partir de entón converteuse nunha peza fundamental da defensa navarra, á vez que o seu irmán xemelgo Javier, que foi titular de 2005 a 2007, gradualmente perdeu a súa importancia, deixando o equipo tras a tempada 2008-09, onde Miguel marcou catro veces en 33 partidos, axudando o equipo a salvar a categoría. En agosto de 2009 renovou o seu contrato co Osasuna ata 2013.[3]
O 7 de xuño de 2012, Flaño renovou de novo o seu contrato co Osasuna, ata o ano 2017.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Savo Milosevic vuelve a decidir para Osasuna; El Mundo Deportivo, 19 de setembro 2004 (en castelán)
- ↑ Real Betis 0–5 Osasuna Arquivado 24 de outubro de 2012 en Wayback Machine.; ESPN Soccernet, 9 de xuño de 2007
- ↑ Miguel Flaño renueva con Osasuna tres años más; Marca, 6 de agosto de 2009 (en castelán)
- ↑ Miguel Flaño renueva con el Osasuna hasta junio del 2017; Diario AS, 7 de xuño de 2012 (en castelán)