Manuel Moreno Casado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Moreno Casado
Biografía
Nacemento1913 Editar o valor em Wikidata
Porcuna, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de xuño de 1945 Editar o valor em Wikidata (31/32 anos)
Columbrianos, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Manuel Moreno Casado, coñecido como Pucherillo e Andaluz, nado en Porcuna (Xaén) en 1913 e finado en Columbrianos (Ponferrada) o 5 de xuño de 1945, foi un guerrilleiro antifranquista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Zapateiro. Membro da UGT e afiliado á Juventud Socialista de Porcuna. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 incorporouse ás milicias, pasando posteriormente ao exército republicano, onde foi comisario político. Ao rematar a guerra estaba en Valencia e decidiu regresar a Porcuna. Foi detido, e xulgado en consello de guerra en Xaén o 8 de xuño de 1940 foi condenado a 30 anos de reclusión. Cumpriu a pena nas prisións de Xaén, Celanova (do 4 de outubro de 1940 a maio de 1943) e no campo de concentración das minas de Casaio dende o 18 de maio de 1943. O 30 de xuño de 1944 fuxiu con Florentino Pérez, incorporándose á guerrilla que operaba na zona de León-Galicia. En novembro de 1944 incoáronlle expediente de responsabilidades políticas.[1] Integrouse no grupo de Marcelino de la Parra. Morreu o 5 de xuño de 1945 xunto cos seus compañeiros Robustiano Arias Carujo e Miguel Cuellas Gómez e os enlaces Catalina Martínez Núñez e Pedro García Tirado, cando foron localizados pola Garda Civil en Columbrianos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 98. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]