Saltar ao contido

Miguel Ángel Capón Rey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMiguel Ángel Capón Rey
Biografía
Nacemento4 de outubro de 1946 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Tui, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Tui
1991 – febreiro de 1998 (moción de censura)
← José Luís Gómez NúñezAntonio Fernández Rocha → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, perito mercantil Editar o valor en Wikidata

Miguel Ángel Capón Rey, nado en Tui o 4 de outubro de 1946, é un perito industrial e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Perito mercantil e auditor xubilado. Nas municipais de 1987 presentouse na candidatura de Unión Tudense encabezada por Juan Miguel Diz Guedes. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1995 volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. En febreiro de 1998 unha moción de censura encabezada por Antonio Fernández Rocha, que abandonara o grupo popular xunta outros 4 edís, retirouno da alcaldía. Encabezou de novo a candidatura do PPdeG en 1999 máis foi superado por Fernández Rocha, que concorría como independente. Tralo regreso deste ao PPdeG volveu presentarse polo partido Acción Tudense en 2003 e foi elixido concelleiro e portavoz do grupo. Concorrendo de novo en 2007, 2011[1] e en 2015[2], apoiando o goberno socialista de Enrique Cabaleiro e manténdose nel ata que foi desaloxado por unha moción de censura orquestada por C 21 e o PPdeG en outubro de 2017. Non concorreu de novo en 2019 e retirouse da política.


Predecesor:
José Luís Gómez Núñez
 
Alcalde de Tui
 
1991 - 1998
Sucesor:
Antonio Fernández Rocha

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]