Michelle Rodriguez
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Mayte Michelle Rodriguez 12 de xullo de 1978 San Antonio |
| Grupo étnico | Dominican Americans (en) |
| Educación | William L. Dickinson High School (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | actriz, actriz de dobraxe, guionista, actriz de cinema, actriz de televisión, produtora |
| Período de actividade | 1999 |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Parella | Cara Delevingne (2014–2014) Zac Efron (2014–2014) |
| Pais | Rafael Rodriguez |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Mayte Michelle Rodriguez, nada o 12 de xullo de 1978 en San Antonio, Texas é unha actriz estadounidense de ascendencia dominico-portorriqueña.
É coñecida polas súas interpretacións nos filmes The Fast and the Furious, Resident Evil, a serie de televisión Lost, e a súa actuación como Trudy, a piloto humana en Avatar.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era unha aspirante a actriz cando topou cun anuncio que informaba dun casting para poder actuar no filme independente e de baixo orzamento Girlfight. Michelle gañou ás outras 350 rapazas que se presentaron ó papel, e encarnou a Diana Guzmán, unha adolescente con moitos problemas que decide canalizar a súa agresividade adestrando para tornarse en boxeadora. O traballo de Rodriguez foi recoñecido tanto pola crítica como polo público.
Posteriormente, tivo papeis noutros filmes de éxito, como The Fast and the Furious e Resident Evil. En 2004, Rodriguez prestou a súa voz para o videoxogo Halo 2, interpretando unha infante da mariña. De 2005 a 2010, interpretou a policía Ana Lucia Cortez na serie de televisión Lost.
En 2008, actuou no filme Battle in Seattle xunto a Charlize Theron. En 2009 volveu a actuar na cuarta parte da saga de películas de carreiras de coches Fast & Furious. Nese mesmo ano interpretou a piloto "Trudy Chacón" no filme de James Cameron Avatar.
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Filmes | |||
|---|---|---|---|
| Ano | Filme | Papel | Notas |
| 2000 | Girlfight | Diana Guzman | |
| 2001 | The Fast and the Furious | Leticia "Letty" Ortiz | |
| 3 A.M. | Salgado | ||
| 2002 | Blue Crush | Eden | |
| Resident Evil | Rain Ocampo | ||
| 2003 | S.W.A.T. | Chris Sanchez | |
| 2004 | Asasino | Teresa | |
| 2005 | BloodRayne | Katarin | |
| 2006 | The Breed | Nicki | |
| 2007 | Battle in Seattle | Lou | |
| 2008 | Cats: The Movie | Jujube | Voz |
| Gardens of the Night | Lucy | ||
| 2009 | Fast & Furious | Leticia "Letty" Ortiz | |
| Trópico de Sangre | Minerva Mirabal | ||
| Avatar | Trudy Chacon | ||
| 2010 | Machete | Luz | |
| 2011 | Battle: Los Angeles | Sarxento Elena Santos | |
| Fast Five | Leticia "Letty" Ortiz | ||
| Aparicións en Televisión | |||
| Ano | Título | Papel | Notas |
| 2005 | Punk'd | Si mesma | 1 episodio |
| Immortal Grand Prix | Liz Ricarro | 26 episodios | |
| 2005–2006, 2009–2010 | Lost | Ana Lucia Cortez | 26 episodios |
| 2007 | Adventures in Voice Acting | Si mesma | 1 episodio |
| 2010 | Top Gear | Si mesma | 1 episodio |
| Voces e aparencia en Videoxogos | |||
| Ano | Título | Papel | Notas |
| 2003 | True Crime: Streets of LA | Rosie Velasco | |
| Driv3r | Calita | ||
| 2004 | Halo 2 | Marine | |
| 2009 | James Cameron's Avatar: The Game | Trudy Chacon | |