Michelle Kwan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Michelle Kwan
Michelle Kwan, U.S. Ambassador.jpg
Nome completoMichelle Wingshan Kwan
Nacemento7 de xullo de 1980 e 1980
Lugar de nacementoTorrance
NacionalidadeEstados Unidos de América
Etniaestadounidense
Alma máterUniversidade de Denver, Josef Korbel School of International Studies, The Fletcher School of Law and Diplomacy e Rim of the World High School
Ocupaciónpatinadora artística sobre xeo e diplomática
CónxuxeClay Pell
Na rede
IMDB: nm0005111 Twitter: MichelleWKwan Instagram: michellewkwan Olympic.org: michelle-kwan Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Kwan nos Xogos Olímpicos de 2002 en Nagano, Xapón.

Michelle Wingshan Kwan[1] (关颖珊 en chinés simplificado; 關穎珊 en chinés tradicional e Guān Yǐngshān en pinyin), nada en Torrance (California) o 7 de xullo de 1980 é unha patinadora artística estadounidense.

Na súa traxectoria deportiva obtivo dúas medallas nos Xogos Olímpicos (prata en Nagano 1998 e bronce en Salt Lake City 2002), campioa do mundo en cinco ocasións (1996, 1998, 2000, 2001 e 2003) e nove veces no Campionato de patinaxe sobre xeo dos Estados Unidos de América (1996 e de 1998 a 2005).

Kwan competiu nun alto nivel durante unha década e é a patinadora que máis premios recolleu na historia estadounidense.[2] É coñecida pola súa consistencia e expresividade na pista de patinaxe no xeo ao mesmo tempo que considerada unha das mellores patinadoras de todos os tempos.[3][4][5]

Durante máis dunha década, Kwan foi considerada unha das deportistas femininas máis populares do país.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. California Births, (1905–1995)
  2. Athlete bio at usfigureskating.org Arquivado 02 de outubro de 2015 en Wayback Machine., consultado o 8 de setembro 2006.
  3. For Americans, lots of medals but a 'faceless' Olympics, by Mark Sappenfield, staff writer of The Christian Science Monitor, consultado o 6 de setembro de 2006.
  4. Video Spotlight – Michelle Kwan, Asian Media Watch, consultado o 6 de setembro de 2006.
  5. People in the News Spotlight – Michelle Kwan, CNN People in the News, consultado o 8 de outubro de 2006.
  6. Harris Interactive – America's favorite Athlete Arquivado 17 de xullo de 2011 en Wayback Machine., Harris Interactive

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]