Michael Spears

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMichael Spears

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de decembro de 1977 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Lower Brule Indian Reservation, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónCentral High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , modelo , actor de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1990 Editar o valor em Wikidata -
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0817375 Allmovie: p67126
Discogs: 1818175 Editar o valor em Wikidata

Michael Spears, nado o 28 de decembro de 1977 en Dacota do Sur é un actor nativo americano. Spears naceu na Reserva india Lower Brulé, na cal viviu ata que chegou a quinto curso.[1] É membro dos lakota sicangu, unha tribo síux. É irmán do tamén actor Eddie Spears.

Spears é un cantante tribal e toca o tambor, actuando a miúdo en "pow wows", é dicir, grandes reunións de nativos americanos. Michael viaxa con frecuencia como orador para falar sobre a educación e a conciencia das enerxías sostibles entre os rapaces de Dacota do Sur. Traballa co seu pai e co seu irmán como parte do Grupo Inter-Tribal, cuxo obxectivo é fomentar a creación de fontes naturais e sostibles de enerxía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou na interpretación interpretando a Otter no oscarizado filme Dances with Wolves, acadando gran sona con só 13 anos. Ós 17 anos xa tiña actuado en cine e televisión xunto con Kevin Costner, Jimmy Smits e Kim Delaney. O maior papel da súa carreira foi Dog Star na miniserie producida por Steven Spielberg Into the West, que se emitiu en TNT. Pode falar lakota pero non de forma fluída. Ensináronlle o seu pai e o seu avó, pero aínda o está a aprender. Durante a rodaxe de Into the West tomou leccións dun lingüista.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Entrevista con Michael Spears de Patricia Sheridan, Pittsburgh Post Gazette". Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2009. Consultado o 31 de xullo de 2013. 
  2. "Entrevista con Michael Spears de Lynn Taylor Rick, Rapide City Journal". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2012. Consultado o 31 de xullo de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]