Micacita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Micasquisto»)
Micacita con moscovita e biotita.

A micacita[1] ou micaxisto[2] é unha rocha metamórfica composta de mica, seixo e proporcións menores doutros minerais.[3]

Orixe e características[editar | editar a fonte]

Ten a súa orixe no metamorfismo de antigas series arxilosas e lousas. Constan dunha alternancia de finos estratos de seixo e mica, e segundo sexa a índole desta, trátase de micacitas de mica branca (con moscovita, sericita etc.), de mica negra (biotita, clorita etc.) ou de dúas micas (mesturadas). Todas conteñen proporciona miúdas de minerais pesados, coma cornubiana, granate, epídota, cordierita, silimanita etc. Estes poden formar uns nódulos escuros, duns cantos milímetros de diámetro e o micasquisto que conten esas concrecións de orixe metamórfico é cualificado coma micacitas nodosas ou, se os nódulos son lisos, de xistos. Considerando a serie de rochas resultante dun metamorfismo dunha zona, óllase o paso das micacitas aos gneis.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definición de micacita no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. Definición de micaxisto no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  3. "Geologic units containing mica schist". U.S. Geological Survey (en inglés). 13 de abril de 2012. Consultado o 20 de maio de 2012.