Moscovita
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
| Moscovita | |
|---|---|
| Información xeral | |
| Fórmula química | KAl₂(Si₃Al)O₁₀(OH)₂ |
| Clase | Silicatos |
| Subclase | Filosilicatos |
| Sistema cristalino | Monoclínico |
| Propiedades físicas | |
| Cor | Branca e agrisada |
| Brillo | Anacarado |
| Dureza | 2-2,5 |
| Exfoliación | Perfecta, en láminas |
| Fractura | Irregular |
| Raia | Branca |
| Densidade | 2,8-3 g/cm3 |
| Propiedades ópticas | |
| Clasificación | |
| Outros datos | |
| Referencias | |
A moscovita é un tipo de mica bastante frecuente en moitos tipos de rochas. É de cor branca ou agrisada. Xunto coa biotita, son os dous tipos de micas que máis abundan na Terra, e polo tanto podémola atopar en moitísimas zonas de Galicia.
Aspecto
[editar | editar a fonte]A moscovita preséntase en forma de cristais con forma hexagonal formando frecuentemente maclas. A súa exfoliación é perfecta e faina en forma de láminas moi flexibles e elásticas, suaves, traslúcidas, de brillo anacarado (coma a parte interior dunha cuncha de mexillón) e lixeiramente coloreadas.
Lugares onde se atopa
[editar | editar a fonte]A moscovita atópase en granitos, pegmatitas, gneises, lousas e mármores. É, polo tanto, un mineral formador de rochas.
Usos da moscovita
[editar | editar a fonte]A moscovita é usada frecuentemente como illante eléctico e térmico. Na antiga Rusia, a moscovita era usada como substituto do vidro, de aí o seu nome.
Propiedades
[editar | editar a fonte]É un mineral insoluble nos ácidos (excepto no ácido fluorhídrico) e dificilmente fusible.
Outros silicatos
[editar | editar a fonte]O cuarzo e o feldespato son outros dous silicatos importantes.
