Metrópole ortodoxa grega de Francia
Localización | |||
---|---|---|---|
Poboación | |||
Relixión | Cristianismo ortodoxo | ||
Xeografía | |||
Parte de | |||
Superficie | 551.500 km² | ||
Creación | 5 de febreiro de 1963 | ||
Catedral | St. Stephen's Greek Orthodox Cathedral (en) | ||
Páxina web | mgro.fr |
A metrópole de Francia é unha xurisdición ortodoxa con sé en París, baixo a xurisdición canónica do Patriarcado Ecuménico de Constantinopla. Foi estabelecida por decisión patriarcal e sinodal o 5 de febreiro de 1963. O seu metropolita é, dende 2003, Emmanuel Adamakis.
Historia
[editar | editar a fonte]A diocese foi creada o 5 de febreiro de 1963, agrupando a todas as parroquias gregas de Francia, Bélxica, Luxemburgo, España e Portugal. O 22 de outubro Meletios Karabinis foi nomeado primeiro xerarca da metrópole.
O 12 de agosto de 1969 as parroquias no territorio de Bélxica e Luxemburgo pasaron a pertencer a unha nova metrópole, a metrópole de Bélxica. Do mesmo xeito, en 2003, erixiuse unha nova metrópole de España e Portugal.
Na actualidade a diocese ten 38 parroquias e 5 mosteiros.
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]- Meletios Karabinis (22 de outubro de 1963 - 1988)
- Ieremias Kalligiorgis (1988 - 20 de xaneiro de 2003)
- Emmanuel Adamakis (20 de xaneiro de 2003 - actualidade)