Metro de Londres
Metro de Londres | |||
---|---|---|---|
Información | |||
Cidade | Londres, Reino Unido | ||
Tipo | Metro | ||
Liñas | 11 | ||
Estacións | 274 | ||
Pasaxeiros (día) | 5 millóns | ||
Operacións | |||
Inauguración | 10 de xaneiro de 1863 | ||
Operador(es) | London Underground Ltd. | ||
Rede | 402 km | ||
Ancho de vía | 1.435 mm (largo internacional) | ||
Vel. media | 33 km/h | ||
|
O metro de Londres (en inglés: London Underground) é unha rede de transporte público ferroviario que serve á cidade de Londres e a súa área metropolitana. Comezou a operar o 10 de xaneiro de 1863 e é o sistema de metro máis antigo do mundo.
Os londinienses adoitan referirse a el coma the Underground ou the Tube (nome popular empregado coloquialmente, que significa literalmente "tubo", debido á semellanza entre os túneles de moitas das súas liñas e un tubo).
Está operada pola empresa pública London Underground, sometida desde 2003 ao control do ente público local Transport for London (TfL). TfL controla á súa vez outras concesións ferroviarias de metro lixeiro, tranvía e trens suburbanos que, conxuntamente, conforman coa rede de ferrocarrís suburbanos dependente do Departamento de Transporte (DfT) toda a Rede de metro do Gran Londres.
Cronoloxía
[editar | editar a fonte]Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Século XIX[1]
[editar | editar a fonte]- En 1843, vinte anos antes da inauguración da primeira liña, o primeiro túnel no mundo baixo o leito dun río navegábel, neste caso o Támese. Foi deseñado por Marc Brunel e máis tarde pasaría a formar parte da liña East London, pechada para a súa rehabilitación e posterior reapertura como parte da rede do London Overground xa no século XXI.
- A primeira viaxe inaugural tivo lugar o 9 de xaneiro de 1863 na Metropolitan Line, construída e financiada pola empresa privada Metropolitan Railway.
- Os primeiros accidentes aconteceron só dous meses despois da súa inauguración, en 1863, na estación de Farringdon.
- Na década de 1860 só se empregaba sinalización básica de entrada e saída das estacións.
- Un dos primeiros mapas do metro foi producido pola District Line en 1892.
Século XX[1]
[editar | editar a fonte]- A primeira vez que se comezou empregar o término "Tube" para se referir ao metro de Londres foi a comezos de 1900, despois de que a Central Line fose alcumada 5 días despois da súa estrea como o "Twopenny Tube" (en galego: o tubo dos dous peniques) polo xornal Daily Mail.
- A Great Northern and City Line (logo transferida aos ferrocarrís suburbanos dependentes do Estado) entre Moorgate e Finsbury Park estaba practicamente concluída para 1902.
- En 1903 entraron en funcionamento na Central Line as primeiras unidades indeformábeis, o que evitaba as inversión de marcha ao chegar o tren a unha estación término.
- Para 1905 todas as liñas de profundidade adoptaran o uso de unidades indeformábeis.
- En 1907 foi aberta ao público a primeira das características escaleiras de caracol das liñas profundas, na estación de Holloway Road.
- En 1908 apareceu por primeira vez o logotipo do característico círculo vermello, coñecido en inglés como o "roundel", que evolucionaría até o deseño actual.
- En 1909 a xerencia dos grandes almacéns Selfridges utilizou -sen éxito- a súa influencia política para que a estación de Bond Street pasara a ser rebautizada co nome da empresa. A apertura da Central Line tiña impulsado enormemente as vendas dos comercios da contorna de Oxford e Regent Street.
- As primeiras escaleiras mecánicas instaláronse na estación de Earl's Court, en 1911.
- Durante a Primeira Guerra Mundial as mulleres empezaron a compensar a escaseza de persoal nas estacións de metro.
- Cando abriu a estación de Maida Vale, o 6 de xuño de 1915, todo o persoal da estación estaba composto por mulleres.
- Cara a fin de 1917 a Metropolitan Railway tiña 552 mulleres en nómina. Ese mesmo ano, informes policiais estimaran nunhas 300.000 o número de persoas que se refuxiaran no metro por mor dos bombardeos alemáns.
- Até a década de 1930 toda a rede de metro estivo financiada en exclusiva por empresas privadas.
- En 1955 aprobouse o financiamento para a construción da Victoria Line.
- A primeira gravación da carismática mensaxe polos altofalantes "Mid the gap" (en galego: "coidado co oco"), referente ao perigoso desnivel que deixa o tren entre a súa porta e o bordo da plataforma dalgunhas estacións en curva, data de 1968.
- A raíña Isabel II do Reino Unido foi o/a primeiro/a monarca rexente do país en coller o metro, aconteceu co gallo da viaxe inaugural da Victoria Line, desde a estación de Green Park, en 1969.
- En 1976 o centro comercial de Brent Cross, ao contrario que Selfridges, si conseguiu darlle o nome do seu negocio a unha estación.
- Non se estableceu a prohibición de fumar até 1987, despois de que 31 persoas morreran por mor dun lume na estación de King's Cross - Saint Pancras.
Liñas xestionadas por London Underground
[editar | editar a fonte]A táboa de abaixo describe cada unha das liñas do metro de Londres. Emprégase a cor utilizada para a súa representación nos mapas. Dáse información da data de apertura da primeira sección de cada liña e o tipo de túnel polo que circulan os trens (subsuperficial fai referencia a unha fondura media de 5 metros; profundo fondura media entre 5 e 20 metros).
Nome da liña | Cor | Apertura | Tipo | Lonxitude |
---|---|---|---|---|
Bakerloo Line | Castaña | 1906 | Profundo | 23 km |
Central Line | Vermella | 1900 | Profundo | 74 km |
Circle Line1 | Amarela | 1884 | Subsuperficial | 22 km |
District Line2 | Verde | 1868 | Subsuperficial | 64 km |
Hammersmith & City Line3 | Rosa | 1864 | Subsuperficial | 14 km |
Jubilee Line | Prata | 1979 | Profundo | 36 km |
Metropolitan Line | Violeta | 1863 | Subsuperficial | 67 km |
Northern Line4 | Negra | 1890 | Profundo | 58 km |
Piccadilly Line | Azul escura | 1906 | Profundo | 71 km |
Victoria Line | Azul clara | 1969 | Profundo | 21 km |
Waterloo & City Line5 | Azul verdosa | 1898 | Profundo | 2 km |
|
Liñas transferidas
[editar | editar a fonte]Nome da liña | Cor | Apertura | Peche | Reapertura | Novo operador | Tipo | Lonxitude |
---|---|---|---|---|---|---|---|
East London Line1 | Laranxa | 1869 | 2007 | 2010 | London Overground | Subsuperficial | 8 km |
Northern City Line | Negra | 1904 | 1975 | 1976 | Network Rail (infraestrutura)
Great Northern (servizos viaxeiros) |
Profundo | ?? km |
|
Liñas adicionais
[editar | editar a fonte]Os seguintes sistemas de transporte sobre camiños de ferro aínda que non se consideran puramente como metro, forman parte tamén da rede para os efectos de tarificación e son incluídos co resto de liñas nos mapas oficiais, así como nos servizos de notificacións en tempo real sobre o estado das mesmas[2][3]:
Nome da liña | Cor no mapa de TfL | Apertura | Tipo | Lonxitude |
---|---|---|---|---|
Docklands Light Railway1 | Azul verdosa media | 1987 | Elevado | 34 km |
London Overground2 | Laranxa | 2007 | Elevado | 167 km |
TfL Rail3 | Azul | 2015 | Superficial | 32,5 km |
Tramlink4 | Lima | 2000 | Superficial | 28 km |
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "150 facts for 150 years of the London Tube" (en inglés). 2013-01-09. Consultado o 2016-08-18.
- ↑ "Every Journey Matters". Transport for London (en inglés). Consultado o 2016-08-17.
- ↑ "El nuevo mapa del metro de Londres". El Ibérico (en castelán). 2016-05-27. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2016. Consultado o 2016-08-17.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Metro de Londres |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Atentados do 7 de xullo de 2005 en Londres
- Transport for London
- London Overground
- Docklands Light Railway
- Tramlink
- TfL Rail
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- London metro map at metros.hu Arquivado 24 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.