Mesomycetozoea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mesomycetozoea
Clasificación científica
Dominio: Eukarya
(sen clasif.) Opisthokonta
(sen clasif.) Choanozoa ou Holozoa
Clase: Mesomycetozoea
Ordes

Dermocystida
Ichthyophonida

Os Mesomycetozoea (ou clado DRIP ou Ichthyosporea) son un pequeno grupo de protistas, principalmente parasitos de peixes e outros animais.

Importancia[editar | editar a fonte]

O grupo non ten características morfolóxicas especialmente distintivas, e nos tecidos hóspede onde se atopan aparecen como esferas ou óvalos dilatados que conteñen esporas, e a maioría foron clasificados orixinalmente en varios grupos de fungos, protozoos e algas. Porén, forman un grupo coherente nas árbores filoxenéticas moleculares, estreitamente relacionado cos animais e os fungos, polo que son interesantes para os biólogos que estudan as súas orixes. O seu nome indica a súa posición nas árbores filoxenéticas no medio ("Meso-") dos fungos ("-myceto-") e os animais ("-zoea"). Nun estudo de 2008 este clado emerxe firmemente como un grupo irmán do clado Filozoa, o cal inclúe os animais.[1]

Philip Donoghue, despois de realizar tomografías de raios X de microfósiles da Formación Doushantuo ediacárica (ver fauna de Ediacara), interpretou estes microfósiles como cápsulas de esporas de mesomicetozoos.[2]

Árbore dos eucariotas. Os "Ichthyosporea" están na parte inferior esquerda, no clado Opisthokonta. Os "Metazoa" son os animais, e os coanoflaxelados están aliñados moi estreitamente con eles. Os Fungi están ao outro lado do clado Opisthokonta, e os Cristidiscoidea están estreitamente aliñados a eles. Os Ichthyosporea están no medio ("Meso-") dos fungos ("-myceto-") e os animais ("-zoea").

Terminoloxía[editar | editar a fonte]

O nome DRIP que se lle dá a este clado é un acrónimo que se utilizou para o primeiro protozoo identificado membro deste grupo,[3] Cavalier-Smith posteriormente considerou o grupo como unha clase denominada Ichthyosporea, xa que eran todos parasitos de peixes. As letras significan:

Como despois se engadiron novos membros ao grupo (por exemplo, as antigas ordes de fungos Eccrinales e Amoebidiales), Mendoza et al. suxeriu cambiarlles o nome a Mesomycetozoea, que indica a súa posición evolutiva entre os fungos e os animais.[4] Nótese que o nome Mesomycetozoa (acabado en zoa en vez de en zoea) tamén se usa para referirse a este grupo[5], pero Mendoza et al. úsano como un nome alternativo do filo Choanozoa.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Shalchian-Tabrizi K., Minge M.A., Espelund M.; et al. (2008). Aramayo, Rodolfo, ed. "Multigene Phylogeny of Choanozoa and the Origin of Animals". PLoS ONE 3 (5): e2098. PMC 2346548. PMID 18461162. doi:10.1371/journal.pone.0002098. 
  2. Douglas Fox, "How life got complicated", Discover Magazine, December 2012.
  3. Ragan MA, Goggin CL, Cawthorn RJ; et al. (October 1996). "A novel clade of protistan parasites near the animal-fungal divergence". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 93 (21): 11907–12. PMC 38157. PMID 8876236. doi:10.1073/pnas.93.21.11907. 
  4. 4,0 4,1 Mendoza L, Taylor JW, Ajello L (2002). "The class mesomycetozoea: a heterogeneous group of microorganisms at the animal-fungal boundary". Annu. Rev. Microbiol. 56: 315–44. PMID 12142489. doi:10.1146/annurev.micro.56.012302.160950. 
  5. Herr RA, Ajello L, Taylor JW, Arseculeratne SN, Mendoza L (September 1999). "Phylogenetic Analysis of Rhinosporidium seeberi's 18S Small-Subunit Ribosomal DNA Groups This Pathogen among Members of the Protoctistan Mesomycetozoa Clade". J. Clin. Microbiol. 37 (9): 2750–4. PMC 85368. PMID 10449446.