Saltar ao contido

Mergus octosetaceus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mergus octosetaceus
 Nome taxon
    Mergus octosetaceus
Louis Pierre Vieillot 1817 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Conservación
Especie en perigo crítico
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeAnseriformes
FamiliaAnatidae
TriboMergini
XéneroMergus
EspecieMergus octosetaceus Editar o valor en Wikidata
Vieillot, 1817 Mergus octosetaceus Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
   650 g peso adulto Editar o valor en Wikidata
 Tamaño da niñada
   7 Editar o valor en Wikidata
 Período de incubación
   33 d Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/03j7hf Editar o valor en Wikidata
ITIS175193 Editar o valor en Wikidata
OTT3595919 Editar o valor en Wikidata
UICN22680482 Editar o valor en Wikidata
CoL3ZTRP Editar o valor en Wikidata
EOL1048506 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Mergus octosetaceus é unha especie de ave da orde das anseriformes, familia dos anátidos e subfamilia dos merxinos, unhas das catro incluídas no xénero Mergus.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1817 polo ornitólogo francés Louis Jean Pierre Vieillot,[1][2] na páxina 222 da súa obra:

Vieillot, L. J. P. (1817): Nouveau Dictionnaire d’Histoire naturelle, appliquée aux arts, à l'agriculture, à l'économie rurale et domestique, à la médecine, etc. Par une société de naturalistes et d'agriculteurs. Avec des figures tirées des trois règnes de la nature. Tome 14. Déterville, París.

Non ten sinónimos nin subespecies.[1][2]

Características

[editar | editar a fonte]

Ten a cabeza e o fino pescozo anegrados, presentando un logo copete nucal, o dorso é de cor parda escura, cun amplo espello alar branco, máis notábel en voo. O ventre é barreado de cor parda ocrácea. O pico é longo e fino, de cor negra. As patas son avernelladas.

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

O seu hábitat de cría son os ríos pouco profundos, rápidos e fluídos do sur e o centro do Brasil e o leste de Paraguai. Na Arxentina está presente na provincia de Misiones soamente.

Bioloxía

[editar | editar a fonte]

Aniñan nas cavidades dunha árbore e, posibelmente, nas cavidades de rochas. Comen peixes, principalmente anguías pequenas, larvas de insectos e caracois.

Monumento natural

[editar | editar a fonte]

Mergus octosetaceus foi declarado monumento natural da provincia de Misiones na Arxentina pola ley nº 3320 sancionada o 22 de agosto de 1996.[3]

Estado de conservación

[editar | editar a fonte]

Esta especie está en perigo de extinción crítico. As poboaciónes reducíronse debido á contaminación dos ríos, á destrución dos bosques e a extensión da agricultura. A poboación actual estímase en menos de 250 parellas.

Rexistros recentes no Brasil indican que o estado da especie pode ser lixeiramente mellor do que se pensaba. Porén, o resto da poboación coñecida aínda é extremadamente pequena e fragmentada, e é probáblel que a perturbación do hábitat, os encoros, e a contaminación dos ríos estean provocando un continuo descenso.[4]

Por estes motivos, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais catalogou o seu status como CR (en perigo crítico de extinción). Pero máis informacións sobre o tamaño da poboación (en particular se supera os 250 individuos maduros) e sobre a estrutura da subpoboación pode provocar a súa inclusión no futuro na categoría "en perigo de extinción".[4]

  1. 1 2 Mergus octosetaceus Vieillot, 1817 no GBIF. Consultado o 26 de novembro de 2022.
  2. 1 2 Mergus octosetaceus Vieillot, 1817 na BioLib. Consultada o 26 de novembro de 2022.
  3. LEY XVI – Nº 44 (Antes Ley 3320) Arquivado 18 de febreiro de 2018 en Wayback Machine..
  4. 1 2 BirdLife International (2019): Mergus octosetaceus na Lista vermella da UICN. Consultada o 26 de novembro de 2022.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]