Mercedes García Castro
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Mercedes Castro.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Pontecesures |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Lingua | Lingua galega |
Mercedes García Castro, máis coñecida como Mercedes Castro, nada en Pontecesures, é unha actriz galega de teatro, televisión e cine.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciada en Filoloxía Hispánica e Galego-portugués pola Universidade de Santiago de Compostela, diplomada en interpretación pola Real Escuela Superior de Arte Dramático (RESAD), ten cinco anos de estudos de interpretación no Instituto Juan Carlos Corazza en Madrid. Desenvolve a súa carreira fóra de Galicia desde os anos oitenta. Traballou en teatro, cine e televisión e tamén desenvolveu tarefas de axudante de casting, asistente teatral e “coach” persoal. Actualmente é vicepresidenta de Escena Galega, entre outros cargos.
Filmografía[editar | editar a fonte]
Cine[editar | editar a fonte]
- Los fantasmas de Goya, de Milos Forman
- Vientos de agua, de Juan José Campanella
- Camino, de Javier Fesser
- Flores de otro mundo, de Itziar Bollain
- Pídele cuentas al rey (J. Antonio Quirós, 2000).
- Incautos (Miguel Bardem, 2004).
Televisión[editar | editar a fonte]
- Turno de Oficio
- Cuéntame cómo pasó
- Todos los hombres sois iguales
- Águila Roja
- Pazo de familia
- Centro Médico
- Padre Casares
Teatro[editar | editar a fonte]
- Cocina, dirixida por Will Keen.
- Heridas que contienen cuerpos extraños, por dirixida por José Sanchís e Hitos Hurtado.