Saltar ao contido

Melisa (ninfa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Melisa
 Instancia de
Biografía
 Sexo
Familia
 Pai
Wikidata

Na mitoloxía grega, Melisa foi unha das fillas de Meliseo, rei de Creta.

Coa súa irmá Amaltea encargouse de agochar e coidar a Zeus meniño, pois a súa nai, Rea, deixouno ó seu coidado para evitar que Cronos o devorase, como xa fixera cos fillos que tivera anteriormente. A tal fin, gardaron ó meniño nunha cova do monte Ida (na illa de Creta) e alimentárono con mel (un epíteto de Melisa é a abella) e o leite de Amaltea, representada como unha cabra [1].

Pero Pseudo-Apolodoro narra este mito doutro xeito e non menciona a existencia de Melisa. Rea dá a luz na cova de Dicte [2] e confía a Zeus ás ninfas Adrastea e Ida, que o crían co leite de Amaltea (Biblioteca mitolóxica I, 1, 6). Hesíodo non recolle o mito.

Posteriormente, Meliseo converteu á súa filla Melisa na primeira sacerdotisa de Rea.

Iconografía

[editar | editar a fonte]

Melisa non se representou na arte, sendo eclipsada pola súa irmá Amaltea.

  1. O nome de Amaltea designa, ben unha ninfa, ben unha cabra. Da pel desta cabra fíxose Zeus a "éxida", o escudo co que se protexía nas contendas nas que participaba
  2. Os mitógrafos discrepan sobre o lugar exacto do nacemento de Zeus, que puido ser no monte Exeo (Hesíodo: Teogonía 485), no monte Ida (Calímaco e Ovidio) ou en Dicte, como din Pseudo-Apolodoro e Diodoro (Julia García Moreno en nota á Biblioteca mitolóxica, px. 45).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
  • PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].