Meli Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMeli Pérez
Biografía
Nacemento1970 Editar o valor em Wikidata (53/54 anos)
Moaña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor em Wikidata
Membro de

Amelia Pérez Álvarez, máis coñecida como Meli Pérez, nada en Moaña en 1970, é unha sindicalista galega, secretaria xeral de Comisións Obreiras de Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Diplomada en turismo, traballou na cadea Zara[1], na tenda que Inditex ten no centro comercial Camelias de Vigo. Alí converteuse en delegada sindical en 1999, xa como sindicalista de Comisións Obreiras[1][2]. En 2012 foi elixida na secretaria comarcal de Comisións Obreiras en Vigo, a primeira muller e a primeira que non era unha traballadora vinculada aos sectores do metal[1] (automóbiles e estaleiros). Revalidou o seu cargo en 2017, pero en 2021 renunciou a seguir e substituíuna Montserrat Carrera[3].

Foi elixida o 21 de maio[4] de 2021 secretaria xeral de Comisións Obreiras de Galicia, en substitución de Ramón Sarmiento, tamén da comarca viguesa, pero empregado do estaleiro Barreras[1]. A elección produciuse no XII Congreso da entidade, celebrado en Santiago de Compostela. Nesa cita electoral impúxose co 64,24 % dos votos,[4] e foi a única candidatura.


Predecesor:
Ramón Sarmiento
 Secretaria xeral de CCOO de Galicia 
Amelia Pérez Álvarez
2021
Sucesor:
no cargo

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Vive en Moaña. Ten un fillo nado en 2014[5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Amelia Pérez se convierte en la primera mujer que llevará las riendas de CC.OO. en Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-05-21. Consultado o 2021-05-22. 
  2. Atlántico (2021-05-22). "Amelia Pérez: “Liderar Comisiones Obreras en Galicia es un hito”". Atlántico (en castelán). Consultado o 2021-05-22. 
  3. Galicia, Economía en. "Amelia Pérez, nova secretaria xeral de Comisións Obreiras en Galicia". Economía en Galicia (en castelán). Consultado o 2021-05-22. 
  4. 4,0 4,1 "Amelia Pérez, nova secretaria xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia". CCOO. Arquivado dende o orixinal o 22-05-2021. Consultado o 28-5-2021. 
  5. "«Hai que ser pelexona e persistente»". La Voz de Galicia. 2021-05-29. Consultado o 2021-05-29. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]